Conciencia ecoloxista? Os galegos gastan cada vez menos auga da billa

O consumo medio dun galego era de 125 litros ao día en 2018.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/11/2020 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

O consumo medio de auga dos fogares galegos en 2018 situouse en 125 litros por habitante e día, o que supón un descenso do 9,4% respecto de 2016, de acordo cos datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE). No conxunto estatal, o consumo medio de auga dos fogares foi de 133 litros por habitante e día, un 2,2% menos que en 2016.

Billa
Billa | Fonte: Europa Press

Mentres, por comunidades, os consumos medios de auga dos fogares máis elevados déronse en Comunitat Valenciana (175 litros por habitante e día), Cantabria (172) e Rexión de Murcia (149). Pola contra, os máis baixos rexistráronse en País Vasco (104 litros por habitante e día), Comunidade Foral de Navarra (114) e A Rioxa (116).

Para a media, o custo unitario da auga baixou un 2%, ata 1,91 euros por metro cúbico e os valores máis elevados do custo unitario da auga en 2018 déronse en Cataluña (2,67 euros por metro cúbico), Rexión de Murcia (2,57) e Illes Balears (2,54). Ao lado contrario, os máis baixos déronse na Rioxa (1,01), Castela e León (1,13), e Castela A Mancha (1,25). Galicia situouse a continuación, con 1,28 euros por metro cúbico. As comunidades que máis volume de auga distribuíron en 2018 foron Andalucía (17,1% do total), Cataluña (14,7%) e Comunidade de Madrid (13,2%). No outro extremo atópanse A Rioxa (0,9% do total), Cantabria (1,5%) e Comunidade Foral de Navarra (1,6%).

No caso de Galicia, cuns 176,87 millóns de metros cúbicos, representou o 5,5% do total e unha caída do 5,8% respecto ao exercicio de 2016.

FOGARES, ECONOMÍA E MUNICIPIOS

As comunidades autónomas con maior consumo de auga rexistrada e distribuída aos fogares en 2018 foron Andalucía (17,3% do total), Cataluña (14,9%) e Comunitat Valenciana (13,9%). En canto ao consumo de auga dos sectores económicos, as comunidades con maiores volumes foron Andalucía (17,4% do total), Cataluña (14,8%) e Comunidade de Madrid (10,8%).

Pola súa banda, as comunidades con maiores consumos municipais foron Comunidade de Madrid (18,3% do total), Andalucía (14,9%) e Comunitat Valenciana (13,6%). En Galicia, o volume de auga a fogares foi de case 123,32 millóns de metros cúbicos, o 5,4% do total; a sectores económicos, 42,57 millóns de metros cúbicos, o 6,8%; e a consumos municipais, 10,98 millóns de metros cúbicos, o 3,8%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta