Campaña para fomentar o consumo de produtos culturais galegos por parte da cidadanía

A campaña difundirase nas rúas comerciais das cidades galegas, nos medios de comunicación e nas principais redes sociais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou este venres en Pontevedra unha campaña para fomentar o consumo de produtos culturais por parte da cidadanía coa lema 'O único xeito de apoiar á Cultura é gozala'.

Durante o acto, Rodríguez explicou que a campaña "busca concienciar sobre a necesidade" da "implicación" de todos en "o mantemento dun sector que é estratéxico para a Comunidade".

Esta estratexia, centrada na dinamización do consumo e na importancia de programar actividades seguras, enmárcase nas actividades impulsadas ao amparo do Plan de reactivación cultural, dotado con 26,4 millóns de euros e que establece unha folla de ruta coa que paliar o impacto inmediato da crise sanitaria.

A campaña difundirase nas rúas comerciais das cidades galegas, nos medios de comunicación e nas principais redes sociais. Estará baseada en cinco gráficas -teatro, libro, música, danza e cinema- e contará tamén cunha forte presenza dixital, a través de plataformas como Instagram, Spotify ou Tik Tok, onde a Xunta de Galicia estará presente por primeira vez, co obxectivo de chegar á xente máis nova.

Román Rodríguez sinalou que esta é unha campaña "moi necesaria" e incidiu en que está pensada especialmente no contexto do Nadal, onde os produtos culturais "poden ser un bo agasallo".

Ademais, na campaña participarán "algunhas das caras máis recoñecidas do panorama cultural galego" e buscarase a interacción coa cidadanía a través de cuestionarios e enquisas nas que a xente poderá compartir, entre outras cousas, cal é a súa obra de teatro favorita, o libro que quere que lle regalen ou o primeiro espectáculo de danza que viu.

O deseño da campaña foi encargado ás empresas pontevedresas Ovo e Trisquelia e foi gravado en espazos culturais da Comunidade galega. A responsable da estratexia dixital, pola súa banda, será axénciaa Nasas, da Coruña. Tamén é galega a banda sonora do anuncio: Alalá do Pai Igrexas II do músico Álvaro Igrexas, do Porriño.

Posto, libros, libro, libreiros, lector, lectores, libreiro, lectura
Posto, libros, libro, libreiros, lector, lectores, libreiro, lectura

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta