O PSdeG insta a Feijóo a parar a "descomposición política" de Ourense que creou pactando con Jácome

Pídelle ao presidente galego que ordene ao seu partido que apoie unha moción de censura contra o alcalde da cidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "desatascar" a situación política do Concello de Ourense, da que responsabilizou ao PP por optar por un "atallo da indignidade" con Democracia Orensana para "manter a deputación".

En declaracións aos medios con motivo da reunión da súa executiva, que se reuniu en Santiago de Compostela para analizar os orzamentos estatais e autonómicos e a situación política, o xefe de filas do PSdeG asegurou que a súa formación "mantén a oferta dunha moción de censura construtiva en Ourense" liderada pola lista que gañou as eleccións, a que encabeza o socialista Rafael Rodríguez Villarino.

Neste contexto, asegurou esperar que Feijóo tome "xa" decisións para "desatascar unha situación que cada día que pasa é máis complexa". "Temos toda a vontade cooperativa, a man tendida para construír pero entendendo que hai algúns que foron responsables do que está a pasar e outros que non fomos responsables porque non optamos por ese atallo da indignidade, que foi buscar unha alcaldía para manter a deputación", censurou en referencia ao pacto entre PP e DO.

Valo publicitario en Ourense no que saen Baltar, Feijóo e Jácome co lema 'Letais para Ourense'.
Valo publicitario en Ourense no que saen Baltar, Feijóo e Jácome co lema 'Letais para Ourense'.

Gonzalo Caballero sostivo que "hai acontecementos en Ourense que mostran que hai unha enorme descomposición política na cidade e tamén no goberno da deputación, onde o propio presidente (Manuel Baltar) tivo que cesar ao vicepresidente dos tránsfugas (en referencia a Miguel Caride) porque había certas decisións legais que lle advertían da irregularidade de facer eses pactos con tránsfugas", argumentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Que sabemos das Torres do Miño (20 alturas) ? Será que polo pan baila o can ou falamos de política en serio ?

1 Gus

FAlar ti en serio? estás de coña!

2 Gamela

E logo, sabes algo das Dúas Torres de Ourense, ou es dos interesados no asunto? Malo será... https://youtu.be/svcDnB4hgIc?t=728