A sociedade vira para atrás, só importa o que non importa

A política, e os políticos, (tamén os medios de comunicación), dan vergoña, e está é unha de esas veces...dous días levan enfrascados na loita de si no Nadal poderemos cear 6 ou 10 persoas, totalmente lamentable, ¿non hay en realidade nada mellor do que falar?.

Por Carlos González Armada | Vigo | 02/12/2020

Comparte esta noticia
Alguén reparou que é mellor que non poidamos reunirnos dez, porque somos máis de dez os que podemos facelo e non nos deixan, a que si te deixen facelo pero non poidas cear con ninguén porque non tes con quen cear, como ocurre con miles de persoas
 
¿Non será mais productivo buscar que esas persoas teñan alguén con quen cear, ou a lo menos que o poidan facer quente?. ¿Non será mellor discutir que podemos facer para que miles de nenos non pasen fame ou frío neste Nadal?, ¿ou para que teñan un regalo que faga que unha sonrisa ilumine seu rostro?.
 
¿De verdade no medio dunha pandemia no que están a morrer milleiros, e na que moitos abós terán que pasala ingresados, o máis importante é se os demais somos 6 ou 10 ceando nunha mesa?, ¿ou si nos obrigan a estar na casa as 12 da noite ou nos deixan até a 1 da madrugada?
 
Esta sociedade nosa non só perdeu a sensibilidade, senón que asemella haber perdido o norte, queremos aprender a correr sin tan siquiera ter idea de camiñar...deus lle dá pan a quen non ten dentes, e o pan semella estar duro de carallo!

Noria no Nadal de Vigo
Noria no Nadal de Vigo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA