Critican que o voceiro do goberno coruñés cobre 4.000 euros en dietas á parte do seu soldo na Deputación

Marea Atlántica pide limitar eses pluses cando xa se ten un salario doutra administración.

Por E.P. | A CORUÑA | 29/11/2020 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O grupo municipal de Marea Atlántica criticou que o portavoz do goberno da Coruña, José Manuel Lage, cobre 4.000 euros ao mes en dietas por asistir a plenos e outros órganos cando ten asignado un soldo de case 60.000 euros anuais polo seu cargo na Deputación da Coruña.

O grupo da Marea defenderá unha moción no próximo pleno do concello herculino na que piden limitar que os edís da corporación cobren estes pluses se teñen soldo doutra administración.  Este é o caso, segundo apuntan nun comunicado, do edil e portavoz do goberno municipal, José Manuel Lage, "que ten un soldo na Deputación Provincial de 59.582 euros brutos ao ano e cobra dietas ata sumar 108.000 euros".

Estas situacións, continúa a Marea, son "difíciles de explicar" á cidadanía "no actual contexto de crise, cando non directamente reprobables". "Non pode entenderse que mentres moita xente está a pasalo moi mal ao ver como desaparecen os seus ingresos, Inés Rey e o seu equipo vivan dentro dunha burbulla cos salarios que se subiron nada máis chegar ao cargo", sinala a portavoz de Marea Atlántica, María García.

O portavoz municipal, José Manuel Lage, en rolda de prensa sobre as ordenanzas fiscais. CONCELLO DA CORUÑA
O portavoz municipal, José Manuel Lage, en rolda de prensa sobre as ordenanzas fiscais. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta