Os medos de non sair nos medios

Tanto o presidente da Xunta coma o vicepresidente están moi preocupados pola pouca incidencia que están tendo nos medios de comunicación privados, especialmente os escritos. A situación non é nova pero comeza a ser preocupante case seis meses despois da súa entrada na Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/01/2006 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

Tamén dixo que o Goberno galego está preparando os convenios de colaboración cos medios de comunicación, é dicir, os convenios de publicidade institucional. Unha información que alguén tomou como aviso a navegantes.

Na mesma situación atópase o vicepresidente da Xunta. Anxo Quintana está vetado en El Correo Gallego despois dun enfrontamento entre o secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada e o director deste medio, José Manuel Rey Nóvoa. A situación é tal que Rey deu a órde tácita de censurar absolutamente os nomes de Quintana e Losada das páxinas do xornal.

Unha situación semellante repitese con La Voz de Galicia, onde segundo membros da Xunta, hai unha intencionalidade por parte do deu director de minimizar a información de socialistas e nacionalistas. Tampouco están mellor as cousas con determinadas cadenas de radio, especialmente a Cope.

Tanto o PSOE como o Bloque preparan plans de choque independentes para facer fronte a esta situación. Unhas medidas que vinculan, directamente, á concesión da publicidade institucional e á concesión das licencias de radio e televisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

19 kalan_dro

Cartos, cartiños, cartos!
O papel sale caro, as cámaras tamén, e falar pola radio da dor de gorxa!
Dádelle unhas lemosniñas os pobriños xornalistas, porque se non hai axudas, non comen!

Esto co PP non pasaba, nin pasará no futuro con PSDG-BNG ou BNG-PSdeG, que tanto monta, monta tanto, o touri que o Quinta

18 Lugués

Síntome honrado. Pero non son Losada. Xa se me ocorrera que igual alguén o dicía.

17 leitor impenitente

losada fala pola boca de lugués

16 Lugués

Tres cousas, logo, e por min acabemos. Hai quen fala de feira ou mercado, pasado ou presente, segundo, cando e como lle convén. Ata onde consta, non hai (de momento) abuso dos presentes. En efecto, Fraga nunca saíu, facíao todo desde dentro; e para o que fixo hai bastantes máis indicios e datos ca para o "rumor" que aquí comentamos.

Non sei se agora dixen algo, deixemos a cousa así. Por certo, os do PP asubiando ao despiste tamén son de nota.

15 Jubal

Lugués, cuánta letra para no decir nada. Te dedicas a remover el pasado en lugar de comentar el presente. Como si los errores de los ausentes justificasen los abusos de los presentes. Eso se llama revanchismo. Y aún con todo, Fraga nunca salió amenazando de esta manera a los medios.