U-lo oso pardo en Galicia?

Mobilización na rede para pedirlle á Xunta que manteña o plan de Protección do Oso Pardo en Galicia ante as presións dos cazadores. No último censo detectouse a reprodución de dúas osas nas montañas orientais de Lugo e crese que o oso podería instalarse tamén na de Ourense.

Por Xurxo Salgado | Lugo | 06/06/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Asociacións ecoloxistas, grupos de internet e veciños das comarcas de Courel e Ancares, en Lugo, están a reunir firmas online a través da web Change.org para presionar á Xunta de Galicia. O seu obxectivo é evitar que ceda ás presións de asociacións de cazadores, madeireiras e algúns políticos locais do PP e o PSOE que queren que non se aprobe o novo plan de Protección do Oso Pardo en Galicia.

E é que este plan outorgaría até 60.000 hectáreas de zona protexida para o oso, limitando a batidas de caza, retirada de lazos e axudas aos gandeiros. Por iso, algúns concellos da zona e agrupacións de cazadores teñen atacado duramente esta iniciativa.

Familia de osos pardo
Familia de osos pardo | Fonte: plataformadefensagistreo.blogspot.com

Busca de apoios

Os impulsores da petición remtironlle unha carta ao presidente da Xunta e o conselleiro de Medio ambiente para que manteñan ese plan e manteñen aberta a recollida de sinaturas a través de change.org. Actualmente xa levan 1.500 e precisarían 3.500 máis.

Foi o pasado mes de maio cando a Conselleria de Medio Ambiente e o Presidente da Xunta de Galicia presentaron a revisión do Plan de Protección do Oso Pardo en Galicia. Un proxecto que recolle 60.000 hectáreas de protección. En todo caso, estes colectivos piden tamén que se amplie esa zona a concellos como Quiroga, A Fonsagrada e Pena Trevinca cando a presenza de osos sexa confirmada. Tamén instan ao Goberno galego a que declare as comarcas de Ancares (Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais, Becerreá, Baralla) e Courel (Folgoso do Courel, Quiroga) espazos protexidos na figura de Parques Naturais.

Máis peticións

Tamén a Asociación SOS Courel pídelle á Xunta que neste  novo prazo de información que se abriu, informe aos veciños e veciñas e a todos os cazadores, do contido deste Plano do Oso.

Ademais, pídelle ao Concello do Courel que pida a inclusión de toda a Serra do Courel Baixo no Plano do Oso, xa que a zona sur quedou fora, e isto impídelle aos apicultores e gandeiros acceder ás axudas deste Plan.

Finalmente, tamén lles reclama aos cazadores  do Courel que recolleron  as sinaturas, que as retiren das alegacións do Plano do Oso "sa que se valeron da desinformación e o medo para conseguilas". "Teñen que entender que unha maior presenza do servizo de gardería do oso, do seprona, a retirada masiva de lazos e a eliminación do furtivismo , só pode beneficialos", apunta.

Cara a unha poboación estable?

O oso pardo é unha das especies máis ameazadas da fauna galega e atópase incluída na categoría "en perigo de extinción" en Galicia. De feito, críase que desaparecera hai décadas dos montes do país e que no mapa galego non había unha poboación estable de osos pardos. Algúns exemplares --e mesmo parellas-- realizaban periódicamente incursións esporádicas nas serras orientais de Lugo procedentes de Asturias e Castela e León.

Sen embargo, os datos do último traballo de censo que realizou a Fundación Oso Pardo indican a reprodución de dúas osas na provincia de Lugo, concretamente na comarca dos Ancares. Segundo estes datos, a poboación dividida de oso ibérico que existía na Subpoboación Occidental do Estado --que abrangue Asturias, Castela e León e Galicia con, aproximadamente, 180 exmeplares-- parece estenderse cara ao occidente colonizando novas zonas aptas na Galicia oriental.

Precisamente, a poboación cantábrica occidental de osos esténdese por unha área de 2.800 km do occidente de Asturias e León. As previsións son que podería estenderse cara a outras comarcas de Lugo e de Ourense que poden ser idóneas para manter poboacións de osos estables.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 courel parque natural

Folgoso do Courel é un deserto económico. Pasou de 6200 habitantes a primeiros do século XX ós actuáis 1200 hab. E todo isto grazas á desprotección da súa impresionante natureza para que o home tivese vía libre para a súa transformación no seu favor. 100 anos despois que conseguimos?, un dos concellos máis envellecidos de Galicia?. Sen embargo o PPSOE non aproba a protección e promoción da natureza courelá porque perdería oportunidades de desenrolo o Courel. Acaso é iso certo visto a evolución dos últimos 100 anos?.

3 Galeguis excasus

Hai unha especie moi invasora, e que ten un gran impacto no medio,(lumes, introducir fauna sen ningún tipo de control, etc.), que sería bo ir acotando. Refírome o "Escopetus lybertinarios".

2 Arnulfo

Unha pregunta para que se precisan 5000 sinaturas? Para obrigar a Xunta a seguir a diante co Plan? para que change.org tenha máis seguidores, datos de xente e publicidade? Se alguén o sabe por favor que conteste. Gracias.

1 Chisco

Tedes mal o link a Change.org

1 Galicia Confidencial

Graciñas polo aviso. Xa está corrixido. Saúdos