O BNG pon en marcha unha campaña de apoio ao comercio local

Pide un "maior apoio institucional".

Por E.P. | VIGO | 02/12/2020 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

O BNG puxo en marcha a campaña de apoio aos produtos de proximidade e o comercio 'Mellor galego, mellor local' e reclamou un "maior apoio institucional" para o sector.

No marco da presentación da iniciativa, realizada en Vigo, a deputada autonómica da formación frontista Carmela González tachou de "insuficientes" as medidas despregadas pola Xunta e o Goberno central ante as consecuencias económicas da pandemia e as restricións no comercio de proximidade.

Así as cousas, Carmela González advertiu de que "non despregar medios e medidas de verdade ameaza a propia supervivencia do sector" e avogou pola activación de axudas económicas específicas, liñas de crédito e rebaixas fiscais.

Do mesmo xeito, a formación considerou precisa unha promoción dos produtos locais e galegos que leve a cabo no comercio de proximidade e chamou á cidadanía a apostar por este modelo de consumo para a tempada do Nadal.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun establecemento de Santiago, durante a presentación dunha campaña de apoio ao comercio local.. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun establecemento de Santiago, durante a presentación dunha campaña de apoio ao comercio local.. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta