Anova denuncia a "ausencia" dun instrumento de protección paisaxística nos futuros parques eólicos da Coruña

Refírese aos dos concellos de Outes, Mazaricos e Negreira.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/12/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Anova denunciou a "ausencia" dun instrumento de protección paisaxística nos parques eólicos en trámite nos concellos coruñeses de Outes, Mazaricos e Negreira, así como o "nulo respecto" á cidadanía e os municipios.

Eólicos.
Eólicos.

A formación reprobou que "todas as malas prácticas da Xunta no sector" se reproduzan nestes casos e criticou a articulación dunha normativa "a medida das grandes empresas" e a "fragmentación artificial de parques", así como a "aplicación dun Plan eólico obsoleto".

Precisamente, este luns, o portavoz de Anova, Antón Sánchez, reuniuse coa plataforma Quixote de Outes, coa que coincidiu na "necesidade de parar o proceso de espolio que se produce en Galicia co vento, unificando as diversas loitas que xorden ao longo do país", segundo trasladou a formación.

Así mesmo, abordaron os cinco parques eólicos proxectados en Outes, Negreira e Mazaricos, que se sumarían ao catro existentes. Deste xeito, a plataforma mostrouse preocupada pola gran densidade de parques do municipio e a proximidade dos aeroxeradores aos núcleos de poboación, así como os ruídos constantes que poden causar.

Anova comprometeu o seu apoio a "a súa loita fronte á entrega constante do goberno do Partido Popular aos intereses de grandes empresas" que "obvia a vontade da xente". Neste sentido, tachou de "indignante" que "para o goberno popular sexa indiferente" que os municipios onde se asintan estes parques "estean frontalmente opostos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta