Martiño Noriega dá por "morta" Sargadelos e califica de "esperpento" a fichaxe de Eva Cárdenas

"Eu xa non choro por Sargadelos", escribiu na súa conta de twitter.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Pende a polémica sobre Sargadelos logo de que medios como Xornal da Mariña e Galicia Confidencial adiantaran a fichaxe de Eva Cárdenas, actual parella de Núñez Feijóo, como asesora externa desta empresa refundada por Isaac Díaz Pardo. O río de reaccións --principalmente negativas-- que veñen de xerarse ante o anuncio foi engrosado unhas horas atrás polo exalcalde de Santiago de Compostela Martiño Noriega, que lamentaba a "morte" de Sargadelos cos termos seguintes na súa conta de Twitter.

Martiño Noriega. EUROPA PRESS - Arquivo
Martiño Noriega. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Aris

Martinho tampouco choraría por Inditex, Citroën, Abanca, Coren, La Voz de Galicia, Alcoa, Endesa,... Aos traballadores de sector privado, que lles den! Non hai como vivir do erario público.

1 Alienao

Case que todas as empresa que citas aproveitáronse ou se aproveitan da administración pública.

1 José

De esperpento nadiña. Real como a vida mesma. Que unha institución que sublimaba galeguismo sexa asaltada por necrófagos é unha metáfora clara do que acontece cun país ao que traicionan diariamente xente como os merendiños, beiras e bloqueiros varios, que fan como as lebres cos cans que as van devorar. Quen non quere caldo...