Vídeos da manifestación histórica da folga en Ferrol

Na Cámara galega o PP rexeita unha iniciativa sobre o naval en Ferrolterra, que incluía o dique flotante e carga de traballo.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 12/06/2013 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

Miles de persoas tomaron este mércores Ferrol para denunciar a situación de abandono na que se atopa a comarca e a esixiron "solucións" ao PP pola "dramática situación" de Ferrolterra.

Multitudinaria manifestación en Ferrol
Multitudinaria manifestación en Ferrol | Fonte: CIG

A cidade viviu unha xornada de folga convocada por CC.OO., CIG, UXT e USTG, secundada masivamente por negocios e empresas, e que concluíu cunha multitudinaria manifestación polas rúas de Ferrol. Velaquí o vídeo da manifestación realizado por GZvideos para  a CIG:

A protesta iniciouse ás 12.00 horas na praza do Inferniño e finalizou na praza de Armas, fronte ao Concello, que quedou pequena para acoller o elevado número de participantes. Segundo o dato facilitado pola Policía Local, a manifestación saturou" até "5.800 metros cadrados" de superficie, o que podería supor unha cifra de participantes próxima aos 30.000 persoas.

Sindicatos e partidos

A protesta estivo encabezada polos secretarios comarcais do catro sindicatos convocantes e contou coa participación dos responsables en Galicia da CIG, Suso Seixo, e de UXT, José Antonio Gómez, así como o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, entre outros.

Na protesta, estiveron tamén presentes os traballadores de Megasa, que lembraron a ameaza da dirección da compañía de pechar a siderometalúrxica situada en Narón (A Coruña) no caso de que non se produza unha redución na súa tarifa eléctrica.

Todos os principais dirixentes sindicais coincidiron en resalta a importancia desta protesta e reclamaronlle á Xunta que "tome boa nota" do abandono no que se atopa a comarca. GZvideos resumiu así a xornada de paro:

O PP vota en contra de máis carga de traballo

Sen embargo, e mentres isto acontecía en Ferrol, na Cámara galega, os populares rexeitaron votar a favor dunha proposta que pedía máis carga de traballo. Na iniciativa do PSdeG, pedíase construír de forma inmediata o dique flotante ou dotar carga de traballo aos estaleiros, e despois de incluír a emenda do BNG, tamén solicitaba que a Xunta negociase a súa entrada en Navantia, como permite a lei de fomento do naval.

Os populares solicitaron votar por puntos a iniciativa, pero o PSdeG denegou esta posibilidade, co que ao ser votada no seu conxunto, a proposta foi rexeitada pola maioría parlamentaria. Previamente, o deputado do PPdeG Miguel Tellado censurara que a Xunta non podía construír o dique flotante.

Durante o debate, o autor da iniciativa, o socialista José Luís Méndez Romeu, puxo o acento en que Ferrolterra hai "a mesma taxa de ocupados que de parados" e a capital da comarca é a cidade que "máis poboación perde" en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 El capitán Trueno

Es que cuando era El Ferrol del Caudillo no pasaban esas cosas. Ahora con los comunistas campando a sus anchas y los nazionalistas metiendo la nariz donde no deben, pasa lo que pasa.

1 Crispín

Bobo.

2 Capitán Trueno

Pues ven que te espero, corasón. Tú ejerces de maquinista y yo de último vagón.

1 Antiburras

Agardemos que a CIG aprenda para sempre que é preciso a unidade de acción para combater as políticas do Partido Podre e que o tema da soberanía nacional agora non toca

1 Cazapantasmas

Xa, que voten cos sindicatos verticais españolistas a reformas das pensións, non digas mais. Se todo é un paripé dos sindicatos das mariscadas, en Ferrolterra leva tempo cun paro xeral e atemporal, que ten pechada toda a actividade, ou sexa...que en greva ininterrumpida levamos unha chea de tempo. Polo caralh...se mollan estes vendidos españolistas cunha greva xeral, por non falar que sexa ininterrumpida. Moi prepotente a mononeurona.