Denuncian á empresa de ambulancias da Coruña por "non dar EPIs" a traballadores que trasladan positivos

O recurso penal, interposto pola CNT, tamén involucraría a cargos da área sanitaria.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Nova denuncia contra as condicións dunha empresa concesionaria no eido da sanidade. A Confederación Nacional do Traballo vén de lanzar unha denuncia contra diversas empresas que prestan servizo sanitario na Coruña por incumprir, din, os protocolos de tratamento de pacientes covid. As críticas da formación sindical céntranse no transporte sanitario de emerxencia, que segundo destacan ten lugar “sen a organización, o control e a prevención” que serían adecuados.

Técnico de ambulancias disposta a entrar nunha vivenda cun posible caso de coronavirus
Técnico de ambulancias disposta a entrar nunha vivenda cun posible caso de coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Neste aspecto, a formación asegura que estas empresas “incumpren de forma sistemática as condicións recollidas no Convenio Colectivo” en materia de “descanso de persoal, limpeza de roupa de traballo, organización das saídas, rexistro da xornada laboral… e unha larga lista de condicións que fan que o transporte de emerxencias na Coruña se resinta gravemente”.

A denuncia máis grave do sindicato, porén, é que as empresas encargadas das emerxencias na Coruña e Cee están a enviar aos seus empregados a realizar traslados de pacientes covid “sen os EPIs necesarios”. Esta circunstancia, á parte de supoñer un incumprimento claro dos protocolos, deixa “nunha situación moi delicada aos traballadores, traballadoras, usuarios e pacientes dos centros hospitalarios aos que atenden”, segundo a formación.

Dende a CNT anuncian que a situación “xa foi denunciada” e que na actualidade “existe unha investigación do Xulgado do Penal da Coruña”. De acordo co sindicato, esta investigación penal atinxiría tanto aos responsables da empresa como ás persoas encargadas da xestión e organización do traballo de emerxencias da área da Coruña e Cee. Polo momento non trascederon as circunstancias e consecuencias desta investigación apuntada pola Confederación.

DENUNCIAS DE 7 PERSOAS NUNHA AMBULANCIA

Dende o sindicato cargan duramente contra as supostas prácticas das empresas Servicios Auxiliares Sanitarios de Urgencias S.L., a UTE Servicios Sanitarios de la Coruña S.L. e Ambulancias Maria Pita S.L. por “poñer en grave risco á poboación da área sanitaria da Coruña e Cee”. Consideran que estes presuntos comportamentos pretenden “maximizar o beneficio económico dun concurso público”. A CNT xa denunciara no mes de abril traslados de ata 7 persoas nunha soa ambulancia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta