Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/12/2020 | Actualizada ás 10:35
A Garda Civil rescatou en perfecto estado de saúde os dous tripulantes dunha embarcación que terminou varada nunhas rocas en Poio cando faenaba na tarde do domingo.
Tal e como informa o 112 Galicia, ocorreu na Praia de Covelo ao fío das 20,10 horas, cando o barco se viu afectado pola baixada da marea.
Seguidamente, os xestores da central de emerxencias avisaron á Garda Civil, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas da Xunta, a Protección Civil de Poio e ao 061 por se fose necesaria a súa intervención.
Finalmente, os axentes do Instituto Armado conseguiron retirar do barco a dous tripulantes en perfecto estado saúde. Ademais, o buque embarrancado cargaba uns 200 litros de combustible, pero "en ningún momento" se produciu a súa fuga, asegura o 112.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.