O Concello da Coruña traballa na demanda para reclamar a Casa Cornide aos Franco

O informe encargado á Universidade da Coruña "avala o criterio do concello": "A eventual nulidade da permuta-poxa e posterior venda a Carmen Polo", indica Inés Rey.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2020 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

A asesoría do Concello da Coruña traballa na futura demanda para reclamar, xudicialmente, a Casa Cornide aos Franco, segundo ratificou a alcaldesa, Inés Rey, a preguntas dos xornalistas coincidindo coa súa visita ao castro de Elviña.

En concreto, destacou que o informe encargado á Universidade da Coruña (UDC) "avala o criterio mantido desde o concello". "A eventual nulidade da permuta-poxa e posterior venda a Carmen Polo", dixo sobre a muller de Franco e as condicións nas que adquiriu o inmoble.

Por outra banda, sobre a reunión anunciada co secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez coa alcaldesa, a propia rexedora confirmou que foi cancelada por motivos de axenda. No entanto, de cara á reunión convocada esta tarde na Delegación do Goberno en Galicia, para a constitución da comisión técnica do pazo de Meirás, que definirá os usos, adiantou que asistirá o concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín.

Dela, apelou a traballar as distintas administracións implicadas para deseñar "o contido e a fórmula" que se aplicará para a xestión do pazo e os seus usos, á espera dunha sentenza definitiva.

Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI - Arquivo
Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta