Apenas unha de cada tres persoas con discapacidade en Galicia consegue traballo

Galicia é a segunda comunidade onde estas persoas atopan máis dificultades para empregarse, por detrás de Canarias.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/12/2020 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A taxa de actividade de persoas con discapacidade sitúase no 29,7% en 2019 en Galicia, catro puntos por baixo da media estatal, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE). De acordo con estas cifras, as persoas con discapacidade de 16 a 64 anos na comunidade son 128.000.

As maiores taxas de actividade dentro do colectivo das persoas con discapacidade no ano 2019 déronse en Castela-A Mancha (40%), Aragón (40%) e nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla (46,3%). Pola súa banda, as menores taxas de actividade rexistráronse en Canarias (25,8%), Galicia (29,7%) e Andalucía (30,2%). No conxunto estatal, o 34% das persoas con discapacidade oficialmente recoñecida eran activos, o que supón unha baixada de 0,5 puntos respecto de 2018. Esta taxa de actividade era 43,7 puntos inferior á da poboación sen discapacidade.

OUTROS DATOS

A taxa de paro para o colectivo foi do 23,9%, cun descenso de 1,3 puntos respecto de 2018. Esta taxa era 10 puntos superior á da poboación sen discapacidade. A taxa de emprego das persoas con discapacidade foi do 25,9% (66,9% para as persoas sen discapacidade), cun aumento de 0,1 puntos respecto de 2018. O 89,5% dos ocupados eran asalariados e, destes, o 73,1% tiña contrato indefinido.

Persoa en cadeira de rodas.. JCCM - Arquivo
Persoa en cadeira de rodas.. JCCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta