Negreira e Romay Beccaria, ponentes da EGAP

CIG-Administración denuncia que a Xunta usa os cursos de formación para o "adoutrinamento político" e para convidar aos "amigos do partido". Critica que se use a Escola Galega de Administración Pública para atacar a propia configuración autonómica galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/06/2013 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

Carlos Negreira, Alcalde da Coruña, e Romay Beccaria, actualmente presidende do Consello de Estado, están entre os ponentes de varios cursos monográficos organizados pola EGAP sobre o "futuro do Estado autonómico". 

Presentación da campaña de Carlos Negreira
Presentación da campaña de Carlos Negreira | Fonte: PPdeG

Entre resto de ponentes de "diversidade ideolóxica" tamén está na conferencia inugural, Tomás-Ramón Fernández Rodríguez, catedrático emérito da Complutense, e colaborador de varios programas televisivos nos que insiste na necesidade da reforma da constitución no título VIII, para reconducir  as autonomias e retirar competencias "excesivas" que lles foran transferidas. Tamén forma parte do elenco de profesores deste curso, o catedrático Roberto Blanco Valdés, "unha persoa coñecida polos seus ataques á función pública galega pero que non lle fai noxos a cobrar dela", di a CIG-Administración. E, entre os 11 ponentes, non figura nin unha soa muller.

Precisamente, este sindicato denuncia que o PPdeG está utilizando a Xunta para realizar "adoutrinamento político" con cursos de formación organizados pola EGAP. "Tralo curso organizado pola EGAP sobre o 'futuro da función pública' chega agora o 'futuro do Estado autónomico'. Desta volta, e nun novo alarde de hipocresía, a Xunta non se priva de utilizar cartos públicos autonómicos para atacar a propia configuración autonómica galega que lle permite dispoñer deses cartos", denuncia.

"Amigos do partido"

Neste sentido, critica que en época de austeridade, "chama a atención" que se detraian cartos da finalidade fundamental da EGAP, a de formar aos empregados, para organizar cursos monográficos de adoutrinamento político "aos que invitar aos amigos do partido".

CIG-Administración vai máis alá nas súas denuncias e sinala que estes cursos " seguen o camiño trazado pola FAES, fundación que marca a liña ideolóxica do PP", no sentido de atacar á función pública primeiro, logo ás autonomías e do Estado do Benestar, en xeral. "O que sería estrano é que se organizase un curso relacionado cos niveis de corrupción galopante nas Administracións aproveitándose dos recursos públicos, o alto índice de fraude e evasión de capitais, a regresividade fiscal ou o nivel de infradesenvolvemento dos Servizos Públicos respecto ao que nos correspondería por PIB", engade.

Financiación

Por iso, insiste en que do programa do curso o "futuro do Estado das Autonomías" despréndese unha "clara censura" da liña de pensamento oposta á recentralización do Estado. "Trátase logo, dun curso partidista que debería financiar a FAES e ser desenvolto no ámbito do Partido Popular, e non a través dunha institución pública adicada á formación das empregadas e empregados públicos e pagado con cartos de todas e todos os contribuíntes", engade.

Anuncia a central sindical que solicitará explicacións formais sobre o custo exacto deste curso, incluíndo organización, publicidade, ponencias e axudas de custe. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 xunteiro vellouco

Que triste é ver a deriva que leva a EGAP!. A que debería ser una escola para formación dos funcionarios non pasa de ser unha plataforma cde ideoloxías según o goberno do momento. Que alguén me exprique, si sabe, os méritos da nova directora, esa rapaciña que como todo mérito pode esgrimir que era profesora de dereito administrativo, e, naturalmente, sobriña política do imprescindible Barreiro Rivas, o omnipresente,quen por certo, foise colando na Egap da man doutro "histórico" da Xunta, un que, gracias a Deus, anda lonxe deiquí, alá polo Brasil, un tal Pablito. Non teño dúbida de que no programa está a man de Barreiro, quen non hai dia que non matine a forma de volver a estar no machito de verdade, tal é a súa inmensa vanidade e ambición, istó é, na Xunta. Vaise infiltrando, á galega, como sabe facer tan ben, e os estúpidos do PP non o perciben. Memos sodes, sempre o fostes, xa vos fixo unha faena e lle seguides dando corda, estúpidos!!!

3 Manuel Barral

Negreira, Romay, Blanco Valdés... Vaia panda de reaccionarios e trepas. Ao PP xa non lle chega cos sobres, agora repártense os castos públicos nos edificios da Administración, sen rubor e sen vergoña. Supoño que isto será denunciábel.

1 Walton

Pois aínda faltan Marcial Dorado, Fernández de Sousa, Conde Roa e toda a ristra de imPPutados do Concello de Santiago, Dorribo, Baltar, o exdirector do IGAPE, Toni, "el dietas" Miranda, Crespo, Bárcenas... Mira que hai catedráticos de ética pública e empresarial no partido franquista e no seu entorno, eh!

2 antiburras

E que ocorre cos cursos da CIG ensino que son os que máis se valoran na currícula dos ensinantes para as oposicións o bolsas de traballo?

1 burroti

xa estas dicindo mentiras, os do pp sempre estades igual facedes igual que os nazis unha mentira dita moitas veces e verdade. eso que dis e unha mentira.

1 coruñes

negreira que cara de cocho tes