Os traballadores de violencia de xénero en Galicia poderán manter o anonimato nos seus informes

A Xunta vén de permitirlles o uso de pseudónimos en comunicacións oficiais para preservar a súa identidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2020 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia publicou este xoves no DOG a orde pola que se habilita ao persoal técnico que presta os seus servizos no Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero a empregar o certificado dixital de pseudónimo para os seus informes e comunicacións na Administración galega.

A intención, recolle a orde, é manter o anonimato destes traballadores nos informes que habitualmente emiten sobre delitos violentos e, en particular, en relación á violencia de xénero, co que se evite "a exposición directa ao publico do seu nome e apelidos, tanto por razón da súa seguridade persoal como para evitar condicionar a imparcialidade, obxectividade ou profesionalidade que debe caracterizar" o seu traballo. Para iso, habilítase este uso de certificado de pseudónimo ao persoal laboral que desempeña funcións de asistente social, terapeuta ocupacional e psicólogo.

O uso do pseudónimo será exclusivamente para asinar os informes, actas ou documentos análogos elaborados no exercicio das funcións de autoridade pública, inspección, vixilancia ou control, ou no desempeño daqueloutras funcións en que resulte necesario preservar a identidade do persoal cando concorran circunstancias ou feitos que o motiven.

Violencia de xénero. XUNTA DE ANDALUCÍA
Violencia de xénero. XUNTA DE ANDALUCÍA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta