GC Aberto

Impostura

Desde a súa orixe a cúpula de Podemos falseou a súa finalidade política presentándose diante a sociedade como un partido “transversal” e sen concreción ideolóxica, ao só efecto de enmascarar o seu plan comunista e encubrir a súa tendencia radical.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 20/12/2020

Comparte esta noticia

O próximo xaneiro  fará un ano que o Congreso lle outorgou a súa confianza ao socialista Pedro Sánchez como presidente do Goberno, referendo que deu paso á  formación  do primeiro Executivo  de coalición do réxime do 78 que non tiña precedentes desde a Segunda República. e no que a formación de Pablo Iglesias estreábase nas institucións do Estado coa dirección de varios ministerios.

Ilustración achegada por Galdo1950
Ilustración achegada por Galdo1950 | Fonte: Galdo1950

Esta foi a única opción aceptada  polos membros da cúpula podemita para salvar metaforicamente os mobles,  e así quitar ferro aos seus repetidos fracasos nas urnas, aínda cando para a coalición cos  socialistas houbesen de aparcar o defendido diante os electores e  adoptar como propio o continuista programa neoliberal  do PSOE

Ao formar parte dun Executivo con motor económico neoliberal  asumiron aspectos relacionados coa competitividade, o déficit ou o artigo 135 da Constitución, renunciando dese xeito a tocar as bases do sistema cuestionado no 15  M, o que supuxo unha renuncia a todo aquilo que se empezou a forxar a partir de 2011, e por tanto, a todo intento de levar a cabo as súas proclamadas políticas de transformación,como contrapartida a facerse cuns ministerios que foron baleirados de contido antes da súa asignación.

Que PODEMOS secunde coa súa participación ao neoliberalismo do PSOE, non só lle converte en garante activo das citadas políticas senón tamén en renegado do seu propio ideario; cousa distinta fóra utilizar a súa representación  para condicionar o seu apoio de investidura  ao establecemento de regras específicas que garantisen o seguimento e control do Executivo socialista. 

Realmente a verdadeira finalidade de integrarse no  Executivo, foi utilizar o poder para reverter a súa devaluada tendencia electoral  que pasa o seu  peor transo desde que concorresen por primeira vez en 2015,  e que iniciou o seu declive cando desde  a súa  bisoñez política  Pablo Iglesias optou por substituír   a indignación que bulía nas novas xeracións de votantes pola fusión  coa   esquerda  poscomunista convencional (EU), pois tal circunstancia fixo desaparecer o carácter transversal do Podemos xenuíno  e tal mutación induciu unha fuga de electores que non se identificaban coa esquerda radical nin se recoñecían na nova amálgama, o que situou para sempre á formación  morada  por baixo do 15% do electorado, con risco  de recortar o seu espazo ata o teito histórico de EU.

No actual contexto máis que   recuperar o vigor electoral perdido, a súa entrada  no Goberno  agravará a súa debilidade  nas urnas por ser regra estendida  que os socios minoritarios das coalicións mais alá dos seus logros resultan mal parados electoralmente e mesmo  fagocitados polo socio principal; circunstancia que no caso presente farase máis probable pola relación de avinza establecida con ERC ou EH  Bildu cuxo desenlace pode ocasionarlle  un  custo  engadido  en Cataluña cunhas eleccións á vista, e unha trasfega de electores no  País Vasco.

Os últimos estudos  demoscópicos veñen confirmar os peores agoiros para a formación morada, pois mentres os resultados reforzan con 3 escanos mais a posición do presidente do Goberno tras o seu primeiro ano en Moncloa, a previsible picada do grupo  capitaneado  por Pablo Iglesias  sería de tal calibre  que se deixarían atrás máis de tres puntos porcentuais respecto a 2019.  pasando dun 12,8% a un 9,1% o que supoñería unha perda  de 11 escanos, é dicir que pasaría dos  35 actuais a 19 deputados. 

Unha desfeita dos 'morados' que coincide a efectos  demoscópicos co pulso que  Unidas Podemos manten dentro do Executivo en relación con medidas económicas e en polemizar sobre  a monarquía.etc.

Unha  tendencia que de persistir elevará a súa  irrelevancia ata o extremo de non servirlle ao PSOE para completar os  números necesarios para a formación de Goberno. 


Tras o abandono masivo dos seus defraudados inscritos, Podemos só é un proxecto extinguido,  co  comunismo como aceno de identidade no contexto dunha transformación anacrónica, consistente na fusión orgánica co PCE e EU desde a  verticalidade máis absoluta, o que vén indicar o  punto final do seu percorrido político.


As manobras de Iglesias con Podemos non pasan de ser unha fraude indecente baleira de todo código ético, diametralmente opostas a facer política para a xente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta