A imposición do castelán aos traballadore de Enaire chega á ONU

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou á empresa pública por limitar a liberdade dos seus empregados ao non poder usar o galego no traballo.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2020 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística informou ao relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Fernand de Varennes, e á responsable da división de minorías nacionais e lingüísticas do Consello de Europa, Elise Cornu, da persecución á que a empresa pública española de servizos aeroportuarios Enaire está a someter a algúns traballadores polo uso do galego no traballo.

Concentración en defensa da traballadora no aeroporto de Compostela
Concentración en defensa da traballadora no aeroporto de Compostela | Fonte: Fonte: A Mesa

"Esta acción da empresa Enaire, pertencente ao Ministerio de Transportes, presenta un precedente de consecuencias gravísimas se se extende ao conxunto de empresas cuxa actividade se desenvolve en Galiza", explica o presidente da Mesa, Marcos Maceira, nas cartas que lles remitiu a De Varennes e Cornu. 

A empresa afirma que a dirección do centro de traballo, no aeroporto de Santiago de Compostela, está en Madrid e que, por ese motivo, non teñen por que entender nin atender ningunha das comunicacións dos traballadores nunha lingua diferente do español.

Porén, a inspección de traballo xa lles deu a razón aos traballadores, afirmando que se o centro de traballo está en Galiza teñen todo o dereito a usar o galego aínda que a dirección estea fóra por motivos alleos ao centro de traballo e á actividade.

Como resultado deste informe positivo da inspección de traballo, a empresa acusa ás traballadoras de "acoso ascendente" agravado pola insistencia no uso do galego que pode acabar nunha sanción moi grave. Mais, A Mesa pola Normalización Lingüística, como ONG que actúa para a defensa e promoción da lingua galega, xa se dirixiu tanto ao ministro de Transportes como á empresa, para intentar que corrixan esta actitude.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta