Por E.P. | A CORUÑA | 23/12/2020 | Actualizada ás 15:04
O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e a AsociaciónEmpresarial de Hospedaxe da Coruña (Hospeco) asinaron un convenio de colaboración para apoiar ás hospedaxes locais e a promoción turística da cidade.
Á firma do convenio, por importe de 150.000 euros, asistiron o concelleiro da Coruña de Turismo e presidente do Consorcio de Turismo, Juan Ignacio Borrego; a xerente, Lanzada Calatayud e o presidente que agrupa á asociación empresarial de hospedaxe (Hospeco), Richard Huerta.
Tras a firma, Borrego explicou que o obxectivo é "financiar actividades que axuden o sector a facer fronte ás perdas sufridas no actual contexto da pandemia" e chegar coas actividades previstas ás persoas que visiten a cidade por lecer ou negocio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.