Médicos de familia alertan: a Atención Primaria non está preparada para a vacinación da covid

O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), o doutor Lorenzo Armenteros, di que non se "reforzou" o persoal.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 24/12/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), o doutor Lorenzo Armenteros, advirte que, "na situación actual" e ante "unha teórica vacinación masiva" da poboación, a Atención Primaria "non estaría preparada" para esta campaña porque "non se reforzou" con máis persoal.

"Seguimos na mesma situación que tivemos ao longo de toda a pandemia. Non se realizou ningún reforzo en canto ao persoal", insiste. Lorenzo Armenteros saúda que se "está facendo unha formación específica" nos centros de saúde de face á administración das doses de Pfizer que prevén chegar a España este fin de semana, porque "teñen unhas condicións particulares de conservación", pero reitera que a "falta de persoal" fai que a Primaria "non estaría preparada".

Nunha xornada na que millóns de familias celebrarán reunidas a Noiteboa, o portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia recomenda que as ceas e comidas destas datas se celeberen en lugares que se poidan ventilar "cada certo tempo" para que o aire circule "dunha forma activa".

Outro dos consellos para evitar contaxios de covid é extremar a "precaución" na mesa, que debe ser montada e retirada "sempre pola mesma persoa e, se é posible, que sexa esta a que sirva todos os elementos da comida ou cea".

O doutor Lorenzo Armenteros tamén recomenda que "as racións deben de estar partidas e repartidas" e que se manipule "o menos posible calquera elemento da casa". Á súa vez, aconsella que se teña "hidroxel a man" e que se empregue a máscara, mentres suxire que non estaría de máis "contar cunhas pinzas" para a recollida de alimentos.

O doutor Lorenzo Armenteros. SEMG - Arquivo
O doutor Lorenzo Armenteros. SEMG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta