Alerta máxima no litoral da Coruña e Lugo con ondas de ata 10 metros

Haberá refachos de máis de 100 quilómetros na Mariña lucense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2020 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Un temporal costeiro de vento e ondada deixará en alerta máxima este domingo ao litoral da Coruña e Lugo, onde se prevé un mar combinado de oeste que deixará ondas de entre 8 e 10 metros a partir da noite do domingo.

Con todo, segundo a previsión de Meteogalicia, a situación no mar motivará que xa desde primeira hora da mañá estean activos avisos en toda a costa de Galicia. Deste xeito, Costa da Morte, A Mariña lugesa e o resto do litoral coruñés estarán en aviso laranxa por ventos de oeste de forza 8 con intervalos de 9 a partir das 06,00 horas do domingo.

O aviso elevarase ao máximo nivel (identificado a cor vermello) a partir das 21,00 horas e manterase, polo menos, ata a noite do luns. Ademais da ondada tamén se agardan fortes ventos en toda a costa de Galicia, especialmente no terzo norte. Deste xeito, na Mariña espéranse refachos de máis de 100 quilómetros hora, así como ventos de forza oito con intervalos de 9 a partir da mañá do domingo.

A situación na costa tamén obriga a activar o aviso laranxa por risco moderado nas Rías Baixas, nas que esperan ondas de máis de 5 metros e ventos do noroeste de forza sete ao longo da tarde.

AVISO NO INTERIOR

Ademais, o temporal tamén se deixará notar en zonas do interior, o que levou ás autoridades a decretar o aviso amarelo por ventos en case toda a provincia da Coruña e Lugo ao longo das horas centrais do día.

Un aviso que será laranxa na montaña de Lugo e Ourense, onde tamén se agardan refachos de vento de ata 100 quilómetros por horas nun domingo que dará paso a un luns que deixará nevadas nestas zonas.

Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada  Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada. EUROPA PRESS - Arquivo
Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta