Inés Rey asegura que "sentiu vergoña" polas actuacións de parte da oposición da Coruña

Evita comentar a decisión da Xunta de manter pechada A Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2020 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, criticou a confrontación política en relación á pandemia. "Ás veces sentín vergoña", sinalou nun encontro con xornalistas para facer balance deste ano e en referencia, en concreto, a "algúns responsables políticos da oposición". A rexedora socialista pronunciouse así ao ser preguntada se se cre que deberían levantarse as restricións impostas á cidade da Coruña. "Non vou cuestionar publicamente nunca as decisións das autoridades sanitarias porque cando un comité clínico toma decisións non son arbitrarias", sentenciou.

Ademais, dixo que se se pide responsabilidade á poboación os que a piden teñen que dar "exemplo". "Pouca responsabilidade exercería eu se me dedicou a confrontar permanentemente ao que toma as decisións". "Hai que actuar con responsabilidade", instou a este respecto para cuestionar, a continuación, a "imaxe lamentable" por parte de "algúns responsables políticos da oposición". "Estamos a chegar ao final, a vacina está aí, queda un último esforzo", pediu mentres aos cidadáns.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta a iniciativa cultural 'Salas Abertas'. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta a iniciativa cultural 'Salas Abertas'. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

En Vigo sentimos tamén vergoña da Oposición que logo de 13 anos aínda non foi quen de sentar a un tal Abel Caballero ante a Fiscalía ! Claro que tampouco a Fiscalía se dá por enterada... Aquí todo dios anda de carallada cos cartos alleos pero de Democracia non entenden nada de nada... agás contar votos unha vez cada 4 anos (se temos sorte) https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Gamela

E con tanta pandemia do carallo, aínda non sabemos se pagou ou non pagou as CUOTAS ao Gran Partido Socialista de Galicia (?) Haberá que preguntarllo na próxima rolda de prensa ao Deputado Arangüena (se non o cesan antes)