A Deputación da Coruña publica seis liñas de axuda para revitalizar o sector cultural tras a covid

As convocatorias responden, en primeiro lugar, "ao recoñecemento do papel que desenvolven as asociacións de base no desenvolvemento e promoción" da cultura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2021 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

A área de Cultura da Deputación da Coruña convocou seis liñas de axuda por un importe total de 2.580.000 euros, aos que se sumarán en breve as subvencións destinadas á contratación de persoal nos concellos, dous de festivais -unha para entidades e outra para concellos- e dous para o sector privado, para proxectos de especial interese e para difusión de produtos audiovisuais en galego.

Coa publicación de seis liñas de axuda en concorrencia competitiva, ás que se sumarán en breve cinco convocatorias máis, a área de Cultura da Deputación da Coruña "reafirma o seu apoio ao sector e, en especial, a súa revitalización despois da covid-19", que afectou especialmente o mundo cultural.

Son en total 2.580.000 euros que se reparten en seis liñas de axuda, cun orzamento que se verá incrementado coa publicación proximamente do cinco convocatorias anuais que completan o mapa de apoio ao sector en concorrencia competitiva.

Segundo sinalou o deputado de Cultura, Xurxo Couto, as convocatorias responden, en primeiro lugar, "ao recoñecemento do papel que desenvolven as asociacións de base no desenvolvemento e promoción" da cultura, así como, de maneira especial nesta edición, "ao compromiso por apoiar a súa actividade e fortalecer as súas estruturas, con especial obxectivo neste ano no mantemento e a creación de emprego no sector".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, xunto co vicepresidente Xosé Regueira e o deputado Antonio Leira, presentan o orzamento para 2021. MONCHO FONTES
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, xunto co vicepresidente Xosé Regueira e o deputado Antonio Leira, presentan o orzamento para 2021. MONCHO FONTES

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta