O xeo provoca varios ata dez accidentes no Val do Dubra, entre eles, o dun camión cisterna de gasóleo

Unha muller morreu nun accidente en Trabada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

A presenza de placas de xeo na AC-406, ao seu paso por Val do Dubra, causou á primeira hora deste luns case unha decena de saídas de vía, entre elas a dun camión cisterna que transportaba gasóleo.

En concreto, efectivos de Protección Civil alertaron ao redor das 7,45 horas deste luns de que case unha decena de vehículos sufriran saídas de vía no quilómetro 17 desta estrada pola presenza de placas de xeo.

Entre eles, saíu da vía un camión cisterna que transportaba gasóleo e que finalizou envorcado, así como un incidente que causou a colisión en cadea de catro turismos. En ningún caso houbo que lamentar danos persoais.

Para prestar apoio aos ocupantes dos vehículos accidentados e previr a incidencia doutros sinistros similares, ata o lugar acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, os efectivos de Protección Civil de Val do Dubra e de Santa Comba e tamén os profesionais do servizo de mantemento da vía.

Camión envorcado por placas de xeo
Camión envorcado por placas de xeo | Fonte: GARDA CIVIL

MORTE

Por outra banda, unha persoa faleceu durante a noite deste domingo nun accidente de circulación rexistrado no municipio lucense de Trabada. En concreto, segundo a información do CIAE 112-Galicia, o sinistro tivo lugar pouco antes da medianoite no quilómetro 6 da estrada LU-P-6101, ao seu paso pola parroquia de Sante, en Trabada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta