Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/01/2021 | Actualizada ás 14:49
A viceportavoz parlmentaria do PPdeG Paula Prado acusou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de "ideoloxizar" a repartición das vacinas contra a covid-19 e pediu que se atenda a "criterios de porcentaxe de poboación vulnerable" para realizar a distribución das doses.
"Estaría ben que o Goberno central atendese aos criterios de porcentaxe de poboación vulnerable ao que lle hai que administrar a vacina porque tamén niso e, a pesar de que a saúde non ten ideoloxía, o señor Sánchez está ideoloxizando a repartición de vacinas", censurou.
Así, asegurou que Galicia, cunha porcentaxe dun 25% de persoas maiores de 65 anos fronte ao "20%" de España, "recibiu menos vacinas que outras comunidades cunha porcentaxe de persoas maiores menor".
"Sería importante que nos trasladasen moitas máis vacinas das que nos trasladou o Goberno de España, porque temos máis poboación vulnerbale que outras comunidades ás que se lles trasladaron máis vacinas", incidiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.