Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2021 | Actualizada ás 16:12
As reservas dos grupos sanguíneos Cero negativo (0-), A positivo (A+) e A negativo (A-) permanecen baixas en Galicia, mentres que as de Cero positivo (0+), B negativo (B-), B positivo (B+) E AB negativo (AB-) atópanse normais.
Así o informou este martes a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembrou que para atender a todas as persoas que diariamente necesitan unha transfusión nos hospitais galegos, necesitan 500 doazóns de sangue cada día.
Para facilitar estas doazóns, o vindeiro luns 11 de xaneiro ADOS desprazará unidades móbiles aos concellos coruñeses das Pontes --Praza do Carmen--, Coristanco --á beira do concello--, Guísamo --diante do Bar Centro--, Sigüeiro --diante do centro médico-- e Lestedo --diante da sucursal bancaria de Abanca--.
Na provincia de Pontevedra, as unidades móbiles estarán o luns en Combarro --Praza da Chouza--, Dena --xunto á praza de Abastos--, Baiona --na entrada do Parador-- en Tameiga -no polígono de San Eleuteiro--.
Así mesmo, o día 11 poderá doarse no municipio lucense de Burela -na praza do concello-- e no ourensán de Dacón --no campo de San Roque--. As unidades móbiles mobilizadas polo catro provincias continuarán desprazándose por outros municipios o resto da semana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.