Reaccións á toma do capitolio: do silencio de Feijóo ao populismo de Venezuela de Beatriz Pino

Ana Pontón clamou en inglés contra o suceso, que Gonzalo Caballero respondeu retuiteando mensaxes de Joe Biden e Hillary Clinton. Gómez-Reino cargou directamente contra Vox e os "golpistas lunáticos". Ata o momento, Feijóo é o único líder parlamentario que non se pronunciou.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2021 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O asalto ao Capitolio de Washington D.C. vén de xerar unha onda expansiva a nivel informativo que non tardou en chegar ás costas galegas. Os líderes políticos das distintas formacións autonómicas non perderon tempo en emitir os seus xuízos sobre o acontecido na capital dos EE.UU. No arco parlamentario, tanto a xefa da oposición Ana Pontón como Gonzalo Caballero deixaron clara a súa perspectiva sobre o fito histórico. Non foi así o caso de Feijóo, que ao día seguinte da toma segue gardando silencio.

Partidarios de Trump entrando ao Capitolio, 6 de xaneiro de 2021
Partidarios de Trump entrando ao Capitolio, 6 de xaneiro de 2021 | Fonte: EP

A primeira en mollarse ante o ascenso da nova foi a voceira nacional do BNG, que comezou o seu enxuizamento en galego para, pouco despois, lanzarse a replicalo en inglés.

Minutos máis tarde chegaba Gonzalo Caballero, que quixo deixar claro a "profunda preocupación" que o aqueixaba antes as imaxes que seguían chegando dende os EE.UU.

O socialista intercalou ambas réplicas con diversos retweets de varóns pertencentes ao Partido Demócrata, entre eles Nancy Pelosi, o futuro presidente Biden e Hillary Clinton. Da banda do PP a resposta en repulsa aos actos do capitolio segue en suspenso. Feijóo non se pronunciou aínda con respecto á toma e, polo momento, tan só Miguel Tellado emitiu unha réplica na que atinxe indirectamente ao acontecido do outro lado do mundo. 

Máis alá do arco parlamentario, Antón Gómez-Reino cargaba nestes termos contra os "golpistas lunáticos", aos que vencellou directamente coa formación VOX.

Todo o contrario do expresado pola cabeza de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ricardo R.

Claro, cuando los que asaltaban las instituciones eran sus jefes de ERC o Bildu, o también sus camaradas de Podemos, a Pontona no le parecía mal ni se atrevía a abrir la boca