Alfredo Conde (Allariz) presentou o 29 de novembro o seu libro 'A Condo do Político', un percorrido pola súa faceta vinculada á vida política que desenvolveu de maneira máis activa como conselleiro de Cultura no goberno presidido por González Laxe. Considera que a evolución social empurra a enmendar constitucións e estatutos de autonomía e que determinados fenómenos políticos en Galicia só se explican pola desesperación ou o desengano.
  comenta   1
Cando as cousas van moi mal nun pais, e falla a racionalidade na análise política, sempre aparecen os charlatáns que promerten solucións milagreiras e convencen a moitos cidadáns que logo lle dan o voto.
  comenta   0
...A democracia é unha experiencia inacabada, unha verba a medio escribir, un proceso cargado de posibilidades e riscos... Walt Whitman
  comenta   0
Están integrados en todas as ramas militares do exército ucraíno. Defínense como inimigos da opresión. Son de varias nacionalidades: ucraínos, rusos, bielorrusos e de outros países occidentais. O seu lema é: “Pola nosa liberdade e pola túa”. Hai varios grupos anarquistas, pero a maior organización é o Comité de Resistencia. Trátase da principal coordinadora de voluntarios antifascistas e libertarios que tomaron as armas contra a invasión de Moscova. A nova crónica da corresponsal de GC na Guerra de Ucraína, Miriam González.
  comenta   2
Sabina afirma na letra dalgún dos seus cantares que as salas de espera dos hospitais son espazos onde se perde a esperanza. Estou convencido do contrario porque cando nos vemos obrigados a dar unha volta por aló, só nos queda o confiar en saír en mellor situación da que nos levou ata eses terreos. As esperas, ás veces son unha caixa de sorpresas e outras non achegan ningunha novidade, só o esperado.
  comenta   0
Favorecen o discurso de certos partidos no desenvolvemento destas idea, segundo un estudo.
  comenta   0
O maior castigo para quen non se interesa pola política é que serán gobernados por persoas que si se interesan. Arnold J. Toynbee
  comenta   0
Cando non queres dicir claramente o que pensas, soltas unha frase e deixas a porta aberta a como veñan os resultados electorais. Esa é a mellor saída. Desa mneira xogando coa ambigüedade sempre tes unha posibilidade de actuar segundo a necesidade partidaria ou a túa comenencia pra conquerir o obxectivo marcado.
  comenta   0
María Jesús Montero indica que nos próximos días presentará o paquete de medidas fiscais con medidas dentro e fóra do PGE.
  comenta   0
O portavoz municipal de Marea de Vigo, Rubén Pérez, cualificou de "imprescindibles" as axudas para a compra de libros e material escolar anunciadas polo alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, aínda que indicou que deberían ser "proporcionais á renda".
O da caixa de Pandora ten a súa orixe na mitoloxía grega. na que desenvolven como os humanos se volveron mortais e como todos os males foron instalados na humanidade. Daquela os gregos tentaban explicar deste xeito o nacemento do mundo e as vidas e aventuras dunha ampla variedade de deuses, heroes e outras criaturas mitolóxicas. Hoxe temos menos brillantez e somos mais manipuladores das crenzas e das realidades.
  comenta   0
O sector 'popular' de Galicia lánzase ao apoio do aínda presidente da Xunta, que enfronta o vindeiro martes a primeira votación para escollelo líder do partido.
  comenta   0
O presidente da Xunta de Galicia insta a Sánchez a facer efectiva a rebaixa fiscal "hoxe mesmo". Inés Rey acúsao de empregar a guerra para facer campaña: "non todo vale en política". O PPdeG espera a asistencia de 1.000 afiliados ao encontro con Feijóo o mércores 16 en Santiago.
  comenta   0
O presidente da Xunta actúa xa como xefe da oposición chamando a reconducir o partido para recuperar os votos fuxidos á formación 'ultra'. O mandatario preséntase como un líder aberto aos pactos de Estado co PSOE mentres que os baróns populares seguen a amosarlle o seu total apoio.
  comenta   3
Realizar un balance do sucedido nos dous anos da lexislatura estatal resulta unha tarefa complicada pola conxunción de tres circunstancias singulares: a carencia de precedentes -no sistema político vixente dende 1977- na existencia e funcionamento dun goberno de coalición no ámbito da Administración central do Estado; as dificultades para manter a maioría parlamentaria que permitiu a investidura de Pedro Sánchez no mes de Xaneiro de 2020 e, -por último pero non o menos importante- o imprevisto desenvolvemento da pandemia do coronavirus a partir de marzo de 2020.
  comenta   0
Ve necesario "seguir defendendo" a Constitución e ter forzas maioritarias que o fagan "sen complexos" fronte a outras como Unidas Podemos ou partidos nacionalistas, entre eles, o BNG.
  comenta   0
"Se cedemos terreo nese debate, outros o ocuparán con discursos que responden máis á emoción que a razón; ao ruído que á serenidade; ao populismo que á política ben exercida", di.
  comenta   0
O líder do PPdeG pon como exemplo a Fraga que, aínda que non gañou unhas eleccións xerais, fundou "unha alternativa".
  comenta   0
Aconteceu o 11-S, lembro que estaba traballando na factoría de Alcoa, en quenda de tarde, e seguimos os acontecementos pola radio con bastante preocupación xa que estabamos nunha fabrica de capital USA.
  comenta   0
Ana Pontón clamou en inglés contra o suceso, que Gonzalo Caballero respondeu retuiteando mensaxes de Joe Biden e Hillary Clinton. Gómez-Reino cargou directamente contra Vox e os "golpistas lunáticos". Ata o momento, Feijóo é o único líder parlamentario que non se pronunciou.
  comenta   1
Unha crise sanitaria como a que estamos coñecendo -e as importantes consecuencias económicas e sociais que viviremos nos vindeiros meses- coloca enriba da mesa un problema clásico: como se está comportando a política ante semellante situación extraordinaria?
  comenta   0
O Cumio do Clima e o futuro da democracia.
  comenta   0
A candidata por Pontevedra critica que o PSOE pida que goberne o máis votado e lembra que a Fraga "o botaron da Xunta por un só deputado"
  comenta   0
Lembro un tempo no que a vella Europa estaba máis atenta ás novidades culturais, musicais e mesmo gastronómicas dos Estados Unidos que da súa propia identidade, historia ou valores.
  comenta   0
O concepto de populismo sempre foi usado como un adxectivo peyorativo, e excepcionalmente como un substantivo. A excepción esta en os Naródnik, que deron lugar ao primeiro partido revolucionario ruso: «A Vontade do Pobo» (en ruso: Naródnaya Volya). Máis sempre o termo populista foi utilizado como unha inxuria polo poder establecido desde o século XIX, o poder liberal.
  comenta   0
Afea ao líder do PSOE que "responsabilice" da súa "precaria situación" ao resto de partidos, cos que "non quere gobernar".
  comenta   1
Se se confirma que Vox se desmarca da Constitución e aceptamos que é unha ameaza para a convivencia en democracia e só utiliza a democracia como un medio para fins alleos aos valores da Constitución (populismo), daquela estamos falando de moito máis ca de Vox. Estamos falando dun feixe de partidos, mesmo anteriores a Vox, todos eles ben levados co goberno do Estado, algúns deles enchoupados en sangue e desfrutando cun cinismo inconmensurable desa condición sanguinaria.
  comenta   0
Quere "evitar un Executivo en débeda co nacionalismo" e que "o populismo decida" a economía no país, é "que ningún voto quede en casa".
  comenta   0
A boa saúde do sistema depende tamén da dos cargos electos.
  comenta   0
A candidata pola Coruñ, que é de Lugo, asegura que antes non se presentou por Galicia porque este partido "non tiña implantación aquí".
  comenta   1
Agora que comezan os xuízos dos políticos presos, reciclaremos aquelo – tan repetido – de que as accións tomadas polo goberno do Estado (a aplicación do 155) é algo nunca visto nunha democracia europea avanzada, porque, claro, como as accións tomadas polo goberno de Cataluña son tan comúns en tódalas democracias avanzadas, europeas ou non, o normal é escandalizarse. Xa estou vendo aos lexisladores e gobernadores de California, Provenza, Baviera, ou Nova Gales do Sur subvertendo ás respectivas constitucións e dicíndolles a cadanseus tribunais supremos ou constitucionais que a vaian rañar.
  comenta   0
Tras evitar falar de pactos coa formación de ultradereita, agora si pactaría con ela para botar do poder "a socialistas e populistas".
  comenta   1
O investigador galego José Rama Caamaño presenta un estudo no que se cuestiona o estereotipo do votante da nova extrema dereita en Europa. A súa análise evidencia que os partidarios do neofascismo non pertencen só ás clases baixas e os máis maiores, tamén están entre a mocidade, as clases medias e persoas con maior nivel educativo. O apoio a partidos populistas en Europa triplicouse nos últimos vinte anos.
  comenta   0
O presidente do PPdG louvou a "xestión" do seu partido en Galicia fronte á "incapacidade" do Goberno central, "sometido" a Podemos e a nacionalistas.
  comenta   8
O presidente galego xa está en campaña electoral de cara ás municipais. Nun acto en Tomiño acusou de "sectarismo" ao PSOE e as forzas que apoiaron a moción de censura socialista contra Mariano Rajoy. Insta a non votar "nunca a un partido que mente".
  comenta   7
"Hai PP máis aló do goberno, porque a súa formulación é para seguir en política os próximos 40 anos", asegura nna 24 Unión Intermunicipal Popular en Málaga.
  comenta   0
Rebelo de Sousa alerta do avance dos radicalismos ao recibir o Premio Fernández Latorre nun acto no que o rei Felipe VI apela ao "exemplo de cohesión" de España e Portugal.
  comenta   1