Venezuela

Aínda que ningún pais de peso no mundo americano o recoñeza, o ditador Maduro tomou posesión do cargo de presidente da república facendo un alarde de control da situación neste pais americano. Polo que os membros da oposición gañadores das eleccións atópanse nunha situación de certa indefensión, pois o sucesor de Chavez non deixa de encadear á xente que é disidente, e aspira a manter as súas pretensións totalitarios de gobernar ate levar ó pais á ruína total.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 20/01/2025

Comparte esta noticia
As imaxes da xente motorizada e armada polas rúas de Venezuela  amosan que este dirixente, que se asemella a un charlatán de feira,  carece de principios e soamente  ten como obxectivo manterse no poder a toda costa. Con todo, a oposición liderada por unha muller, terá que tomar boa nota, porque nun pais dividido en dous sectores antagónicos  non quedará outra saída mellor ca da negociación política. O  chavismo, despois de culpar á xente que creou empresas, e os emigrantes  incorporou á vida electoral a sectores que no seu día vivían ó marxe do sistema político. E  despois de darlles algo  e prestarlle algunha atención armou con eles unha especie de exercito paralelo que está disposto a defender o poder establecido a costa do que sexa.
 
Non sei como rematará a  época de Maduro e os seus acólitos. Pois este coas súas nacionalizacións deulle á cúpula militar  unha serie de prebendas  que  son as que impiden que o exército  se sume para que cumpla o veredicto da urnas.
 
Venezuela a terra que acolleu a milleiros de galegos, a terra que lle deu oportunidade a moitos dos nosos veciños anos atrás,  hoxe ten un horizonte  incerto. Ten un conflito social que pode acabar en enfrontamento civil. E agora, diante esta situación humanitaria onde fuxen do pais milleiros de cidadáns,  Galicia  acolle a estas persoas  que chegan co posto  escapando dun réxime que  camiña imitando á ditadura cubana. Ditadura onde, despois de moitos anos de existencia,  aínda hai militantes da esquerda  desta terra  que  a xustifican e  falan do bloqueo a esa illa, cando non é nada mais ca un embargo pola reclamación económica das empresas que no seu día foron expropiadas. Hoxe, despois de tantos anos de revolución, o país cubano vive nunha crise permanente  atenazado  por un sistema político  que non funciona e que cuarta as liberdades dos cidadáns e encadea ós disidentes. 
 
Por iso non entendo como a estas alturas a  postura de partidos políticos, tanto galegos como a nivel  de Estado  votasen  no  Parlamento Europeo  contra a postura maioritaria que condenaba a ditadura venezolana. O  silencio diante a  situación  do que acontece nese país,  amosa  que este  camiña cara un sistema totalitario é arrepiante. Mais  as  declaracións que  recentemente fixo  Maduro afirmando que estarían dispostos a defender a soberanía do seu pais  diante o que chama inxerencias o igual que Cuba coas armas, sinalan que as cousas non serán  sinxelas e que o diálogo ate parece  ser complicado con persoeiros como este non recoñecen o valor da democracia. 
 
Con todo,  cabe lembrar que os países onde o populismo tomou o poder as cousas nunca foron ben para tales estados. Por iso,   ollo co que acontece en Venezuela,  pois   de seguir o camiño actual emulando a Cuba,  ten un futuro moi incerto. Un futuro escuro, pois sendo un país rico,  pode acabar como unha terra moi pobre.  Unha terra onde parte do sector social, a cambio dunhas prebendas controla á parte que quere mellorar e evolucionar ó igual que acontece aínda  en Cuba. E eso soamente crea miseria.  En fin, esperemos que os acontecementos muden o rumbo desta terra tan vinculada a Galicia pola emigración. E que en Venezuela florezan as liberdades e a democracia. 

Nicolás Maduro, presidente de Venezuela
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela | Fonte: Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com