Temas: SANIDADE FERROL

O persoal sanitario, 'Ferroláns do ano 2020'

A cidade homenaxea no día do seu patrón a todos os traballadores da área sanitaria pola súa loita contra a pandemia da covid-19.

Por E.P. | Ferrol | 07/01/2021 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

A cidade de Ferrol homenaxeou na festividade do seu patrón, San Xiao, a todo o persoal que forma parte da súa área sanitaria cun acto desenvolvido este xoves no Teatro Jofre, que non acolleu público debido ás restricións sanitarias, pero que foi transmitido en directo a través de Internet.

Gema García, no centro, mostra as distincións entregadas no acto do Teatro Jofre
Gema García, no centro, mostra as distincións entregadas no acto do Teatro Jofre | Fonte: Concello de Ferrol.

No acto institucional déronse cita, entre outros, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE) e a rexedora de Lugo, Lara Méndez (PSOE), así como edís de ambas as cidades, que volveron unir neste acto os seus lazos de irmandade.

Tamén tomaron a palabra, en representación de todo a persoal da área Sanitaria de Ferrol, unha facultativa, unha enfermeira e un traballador non sanitario, que asinaron no libro de ouro da cidade naval e que recibiron desta maneira a distinción de 'Ferroláns do ano 2020'.

AGRADECEMENTOS

Sabela Sánchez, facultativa da área ferrolá, detallou que reciben "con orgullo" este recoñecemento por parte dos cidadáns de Ferrol, aos que agradeceron "a súa responsabilidade" e a súa compañía "neste desafío de incerteza e de medo", así como por darlles o seu "alento" ante o inicio do proceso de vacinación.

Gema García, que exerceu de representante dos profesionais de enfermaría e auxiliares, deu as grazas polo premio e apelou á "confianza, responsabilidade e solidariedade" para conseguir chegar a unha "meta" que "está cada vez máis preto".

Por último, en nome do persoal non sanitario interveu Andrés Rey, que incidiu en "agradecer este recoñecemento ao traballo colectivo e impulsos como este fan" que os profesioneales reciban o apoio e a proximidade dos seus veciños.

Neste acto tamén tomou a palabra o alcalde de Ferrol, que agradeceu o traballo realizado cada día polos profesionais sanitarios na súa loita contra a pandemia.

Temas: SANIDADE FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta