Cinco novos falecidos pola covid, un deles na súa casa en Bande

Outros tres morreron en Vigo. Xa son 1.436 os mortos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 07/01/2021 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

As mortes pola pandemia elévanse a 1.436 en Galicia despois da notificación por parte das autoridades sanitarias de cinco novos falecementos con covid-19 nas últimas horas, un máis que o día de Reis. Todas as persoas presentaban patoloxías previas.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, unha muller de 80 anos morreu no seu domicilio do Concello de Bande. Por outra banda, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) rexistrou tres falecidos, un home de 86 anos, de 88 anos e 65 anos. Por outra banda, faleceu en Pontevedra unha muller de 85 anos.

Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta