Como hai un contaxio masivo nun centro de maiores que xa fora vacinado?

A Residencia de Ribeira ten un foco de 18 positivos entre os residentes despois de recibir a vacina.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 07/01/2021 | Actualizada ás 21:42

Comparte esta noticia

Case vinte usuarios da Residencia de Ribeira están contaxiados coa covid. Un contaxio que non se explican familiares, usuarios e o propio centro. E e que este foi un dos que recibiu unha vacinación masiva o pasado 30 de decembro.

Crescencio Aranda, primeiro en recibir a vacina en Eivissa contra o coronavirus. POOL
Crescencio Aranda, primeiro en recibir a vacina en Eivissa contra o coronavirus. POOL

Unha semana despois, xa son 18 os positivos confirmados entre os usuarios. Desde a Xunta explican que a gran maioría de residentes e traballadores foran inmunizados e que a aparición do virus puido deberse a que xa estaban contaxiados antes de inxectarlle a vacina ou que ata que se pon a segunda dose non é totalmente efectiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Oe que carallo.... a ver se xa non sabemos desconxelar o peixe ?