Feijóo súmase á estratexia de comparar o asalto ao Capitolio en Washington con 'Rodea o Congreso' en Madrid

Cre que o vivido en Estados Unidos "non é" o que pasou na capital española en 2016, pero si "o máis parecido" en España durante os "últimos 30 anos".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/01/2021 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, comparou o asalto ao Capitolio dos Estados Unidos protagonizado o pasado domingo por seguidores de Donald Trump coa protesta 'Rodea o Congreso' que no ano 2016 se desenvolveu nos arredores da Cámara baixa durante a investidura do popular Mariano Rajoy.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa visita ao centro de saúde de Milladoiro, en Ames
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa visita ao centro de saúde de Milladoiro, en Ames | Fonte: Europa Press

Cuestionado sobre os feitos ocorridos o pasado domingo en Washington D.C. durante un acto celebrado no Milladoiro (Ames), o mandatario apuntou que o vivido no ano 2016 en Madrid "non é" o que pasou en Estados Unidos "pero é o máis parecido ao que ocorreu no Capitolio nos últimos 30 anos de democracia" en España.

"A maioría dos españois toman boa nota das cousas que aquí puideron pasar desapercibidas e que, cando se pon o foco en Estados Unidos a nivel mundial, producen testemuños de todos os xefes de Estado lamentando esta situación", sinalou Núñez Feijóo en relación á protesta de setembro do ano 2016.

Segundo Feijóo, os feitos rexistrados o pasado domingo na capital estadounidense evidencian que "o populismo é un cancro para a democracia", que "representa o contrario" a ela e "pasa factura" aos países.

"O máis importante é que o presidente Joe Biden poida tomar posesión, que a democracia funcione e erradicar o populismo dun extremo e doutro", subliñou Núñez Feijóo tras apuntar que as imaxes do pasado domingo evocáronlle a unha "montaxe máis propia da ciencia ficción política".

SÚMASE Á LIÑA DO PP

Con estas declaracións, o líder dos populares galegos sumouse á liña expresada polo seu partido que, co seu presidente, Pablo Casado, á cabeza, comparou o asalto ao Capitolio coas protestas de setembro de 2016 durante a votación de Rajoy como presidente do Goberno tras as eleccións celebradas en xuño dese ano.

"O que ocorreu en España durante as eleccións ao Congreso de 2016, cando un partido gañou democraticamente as eleccións e outro partido manifestábase ás portas do Congreso, non é, desde logo, o que pasou no Capitolio, pero é o máis parecido ao que pasou no Capitolio nos últimos 30 anos de democracia española", comentou Feijóo.

Para o político galego, que nas súas declaracións non fixo alusión explícita a Podemos, o acontecido en Washington "foi un bo ensino para calquera político" á hora de ter "coidado" con "actos posteriores como o que pasou en 2016, que se rodeou o Congreso cando se estaba votando o que se votara previamente nas urnas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

No problem... "Rodea el Congreso" deu lugar á Lei Mordaza que ata hoxe segue viva e curiosamente sen derogarse por este Goberno de Coalición Progresista (?) Goberno que leva baixo Estado de Alarma toda a lexislatura (?) Eu son dos que pensa que aquí ninguén vai tomar as cámaras lexislativas precisamente porque dende aquela FORON TOMADAS polos que viven delas e non representan en absoluto a vontade do pobo que os votou ! Blindarse como representantes da Democracia cando de demócratas teñen únicamente o día das eleccións (o resto dos 4 anos fan e desfán o que lles peta) !

1 nostrus

Bueno, en España hubo casos similares. El peor de todos, por supuesto y con diferencia, fue toda la insurreccion que armaron los separatistas catalanes con todos sus aquelarres, seguido por la iniciativa de Podemos de asaltar el Congreso como si se tratara de la Toma de la Bastilla con la peculiaridad de que en 1789 no habia democracia y en 2016 eran los aspirantes a tiranos los que querian derribarla. Tambien hubo algún intento similar más, aunque de mucha menor intensidad, como fue lo organizado en Andalucía cuando el actual gobierno fue investido o la protesta en 2005 por parte de mas de cien alcaldes populares contra el gobierno gallego o la introdución en el parlamento gallego, por parte de Beiras, de gente de su calaña para boicotearlo. Pero sin ninguna duda quien se llevan la palma son Puigdemont y Torra.