Temas: MúSICA

Lendrone estrea o 'Atardecer no Gaiás' 2013

O concerto inaugural de 'Atardecer no Gaiás' arrancará a partir das 21:00 horas na praza central da Cidade da Cultura, que un verán máis terña música en actuacións de pequeno formato e totalmente de balde.

Por GC Tendencias | | 03/07/2013 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra este xoves, 4 de xullo, a apertura da terceira edición do ciclo Atardecer no Gaiás a ritmo da banda galega 'Lendrone' e un dos dúos imprescindibles do panorama musical nacional: 'His Majesty the King'.

Nesta primeira sesión, o público poderá vivir en directo unha mestura  de rock instrumental, psicodelia espacial e krautrock a ritmo dos galegos 'Lendrone' e o seu primeiro disco: 'Uno, once cortes de rock instrumental que non deixarán indiferente a ninguén'.

Tras eles subirase ao escenario do Gaiás o dúo 'His Majesty the King'. Cun rock que se abre desde Elastica ata The White Stripes, Nacho e Clara amenizarán este primeiro atardecer a través dos temas do seu segundo traballo, con letras e melodías inspiradas nos sons das bandas dos 90.

Anulación de 'Niagara'

Gaiás
Gaiás

Este dobre concerto de 'Lendrone' e 'His Majesty the King' co que se abre 'Atardecer no Gaiás' substitúe a actuación prevista dos italianos 'Niagara' que, por motivos alleos á organización, non poderá celebrarse. A Cidade da Cultura lamenta as posibles molestias que este cambio no programa lle poida ocasionar ao público do ciclo.

Orquestra de Cámara Galega e 'Mvnich'

Tras esta estrea enérxica, o venres 5 de xullo volve á Cidade da Cultura a Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba, que ofrecerá ao longo do verán un miniciclo de catro concertos. O primeiro levará o título de 'Schubertiada' e nel, seguindo a tradición vienesa dos séculos XVIII e XIX, un ensemble de músicos da Orquestra de Cámara Galega interpretará unha selección de obras de cámara e para grupo instrumental dos compositores Schubert e Mozart.

O broche de ouro a esta primeira semana de 'Atardecer no Gaiás' porao a banda viguesa 'Mvnich' e o seu post punk.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta