Catro novas vítimas por COVID aumentan a 1.445 as persoas falecidas en Galicia

Son dous homes e dúas mulleres, todos eles con patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2021 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias galegas comunicaron este sábado o falecemento doutras tres persoas diagnosticadas con covid-19, o que eleva a 1.444 as vítimas mortais vinculadas coa pandemia na Comunidade.

Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa / Foto Miguel Riopa - remitida por Povisa/ COVID, MORTES, FALECEMENTOS,
Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa / Foto Miguel Riopa - remitida por Povisa/ COVID, MORTES, FALECEMENTOS,

En concreto son unha muller de 96 anos falecida no HM Modelo-Belén da Coruña. No Complexo Hospitalario de Pontevedra rexistráronse dúas vítimas, unha muller de 77 anos e un home de 69. Por último no Hospital Comarcal de Verín morría un home de 87 anos. Este último foi validado na tarde do pasado sábado ás seis da tarde.

Por outra parte, a cifra de contaxios notificada este sábado implica pasar os 785, a anterior máis alta, que confirmara a Consellería de Sanidade o pasado 1 de novembro, pico da segunda onda. Cabe destacar que estes case 800 novos casos detectáronse nunha xornada na que tamén aumentaron as probas realizadas en máis de 2.000, ata situarse nas 8.390 PCR practicadas en 24 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta