Interceptan en Cambados un coche cunha táboa de oito metros de longo sobre teito

Os axentes procederon a dar o alto ao coche por circular "de forma manifestamente temeraria", xa que había un "evidente risco de desprendemento" do taboleiro.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 10/01/2021 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Tráfico interceptou na tarde do sábado, no municipio pontevedrés de Cambados, un turismo que circulaba portando un taboleiro de oito metros de longo sobre o teito. Segundo informa a Benemérita en Pontevedra, a través das súas redes sociais, os feitos ocorreron sobre as 19,30 horas na estrada EP-9004.

Os axentes procederon a dar o alto ao coche por circular "de forma manifestamente temeraria", xa que había un "evidente risco de desprendemento" do taboleiro e podía ocasionar "perigo tanto para o condutor como para os demais usuarios da vía". O vehículo quedou inmobilizado e o seu condutor enfróntase a unha sanción de 400 euros, engade a Garda Civil.

Coche interceptado pola Garda Civil de Tráfico circulando cunha táboa de oito metros de longo no teito.. GARDA CIVIL
Coche interceptado pola Garda Civil de Tráfico circulando cunha táboa de oito metros de longo no teito.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta