Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 19:48
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde de Ames, José Miñones, subscribiron este mércores un convenio de colaboración para o impulso do novo CEIP de Milladoiro, no que a Xunta investirá máis de catro millóns de euros.
Con este acordo, o Goberno local pon a disposición do Goberno galego os terreos para a construción do centro, que conta xa cunha partida inicial de 50.000 euros nas contas autonómicas deste ano.
Tras a realización das tarefas de limpeza e roza por parte da administración local, a Xunta encargará a realización dos estudos técnicos e de redacción do proxecto. Así mesmo, o Concello completará a urbanización con acceso rodado e pavimentado, dotado de beirarrúas, antes da finalización das obras. O Goberno galego elaborará, supervisará e aprobará o proxecto básico e de execución para a obra, ademais de desenvolver a súa contratación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.