Por Galicia Confidencial | Madrid | 09/07/2013 | Actualizada ás 04:41
Debaixo da manta do ex-xerente e tesoureiro do PPdeG na cadea comezan a saír documentos. Luis Bárcenas 'canta' e o primeiro golpe vai dirixido contra a liña de flotación do presidente do Goberno.
Mariano Rajoy cobrou soldos ilegalmente durante tres anos, segundo a documentación orixinal dos "papeles de Bárcenas". O tesoureiro que fóra nomeado por Rajoy entregoulle os seus apuntos contábeis a Pedro J Ramírez. O director del El Mundo xa llos levou ao xuíz Pablo Ruz. Á Audiencia Nacional non lle queda outra que investigar se o presidente do Goberno vulnerou a lei de incompatibilidades. Rajoy, ministro daquela, tiña prohibido cobrar do partido.
Pode o político pontevedrés saír indemne desta situación? Bárcenas non aporta só documentación, senón tamén detalles que poden marcar a calquera. Mariano Rajoy recibía os sobresoldos ocultos nunha caixa de puros, di o recluso, como tamén facían outros ministros da era de José María Aznar.
Francisco Álvarez-Cascos, Rodrigo Rato (vicepresidente económico), Jaime Mayor Oreja (ministro do Interior) r Javier Arenas (titular de Traballo) tamén mamaban do teto que enchía, segundo o sumario da trama Gürtel, unha rede de grandes empresas, algunha galega, a cambio de contratas públicas.
Cospedal, Arenas, Mayor Oreja, Rato, Álvarez Cascos e Rajoy. Polo de agora estes son os apuntados polo que foi cerebro das financias do PP durante moitos anos. Pero ninguén dubida que "Luis el cabrón" -como lle chamaban os cabecillas da Gürtel- ten máis nomes, e máis detalles.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.