Celta-Espanyol, primeira xornada de Liga

Las Palmas-Deportivo e Lugo-Numancia, as estreas na Segunda División. A tempada principiará o 17-18 de agosto e rematará o 18 de maio en Primeira e o 7 de xuño en Segunda.

Por gcdeportes | Compostela | 09/07/2013 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

O Celta, único equipo galego en Primeira, na que xogará por segundo ano consecutivo, xa coñece o calendario da tempada 2013-2014, que principiará na fin de semana do 17 e 18 de agosto. Os de Luis Enrique estrearán o curso en Balaídos fronte ao Espanyol de Barcelona, o mesmo partido (1-0) que na última xornada da 2012-13, que supuxo a salvación do Celta. Na derradeira xornada, os vigueses xogarán contra o Valencia en Mestalla (17-18 de maio de 2014).

Cadro de xogadores do Celta de Vigo
Cadro de xogadores do Celta de Vigo

Xa que o partido inaugural da Copa do Mundo 2014 en Brasil está previsto para o 12 de xuño, a Liga de Primeira terá que darse présa para rematar as súas 38 xornadas o 17-18 de maio. Deste xeito, haberá tres xornadas entre semana: a sexta (25 de setembro), a undécima (30 de outubro) e a trixésima (26 de marzal).

Tamén haberá un parón unha fin de semana, a ponte do 6-8 de decembro, para a Copa do Rei. A final desta competición será xusto na Semana Santa, o 19 de abril, para facer máis doado o desprazamento dos seareiros. Os partidos entre os dous grandes serán o 17 de outubro (Barcelona-Real Madrid) e o 23 de marzal (Real Madrid-Barcelona).

Todo o calendario pódese consultar en

1ª XORNADA (17-18 agosto)

F.C. Barcelona – Levante
Real Madrid - Betis
Valencia - Málaga
Sevilla – Atlético de Madrid
Real Sociedad – Getafe
Real Valladolid – Athletic Club
Atl. Osasuna – Granada
Celta de Vigo – Espanyol
Almería – Villarreal
Rayo Vallecano - Elche

Segunda División

O Deportivo visitará á UD Las Palmas na primeira xornada (17-18 de agosto), no seu regreso á Segunda División. O Córdoba será o primeiro rival en Riazor, aínda no mes de agosto (24-25). Os de Fernando Vázquez rematarán a Liga o 7 de xuño en Girona.
Pola súa banda, o Lugo debutará na tempada 2013-2014 no Anxo Carro contra o Numancia. O primeiro derbi galego terá lugar o 1 de decembro en Riazor. A volta, en Lugo o 4 de maio.

1ª XORNADA (17-18 de agosto)

Mirandés-Barcelona B
Hércules-Zaragoza
Alcorcón-Tenerife
Sporting-Castilla
Club 22-Recreativo
Sabadell-Mallorca
Córdoba-Ponferradina
Las Palmas-Deportivo
Girona-Alavés
Real Jaén-Eibar
Lugo-Numancia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta