Libera tilda a Rapa das Bestas de "espectáculo violento" por "maltratar" cabalos

A asociación animalista pregúntalle ao Valedor pola paticipación dos menores nesta tradición centenaria.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/07/2013 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

"É un espectáculo violento e de risco para as propias persoas". Así considera a asociación Libera a Rapa das Bestas que etes días se celebran, entre outras localidades, na parroquia de Sabucedo. 

Rapa das Bestas
Rapa das Bestas | Fonte: Miguel Vidal

Por iso, dirixiuse ao Valedor do Pobo para preguntar pola participación de menores neste tipo de celebracións e denuncia que se cobra por ver a nenos e nenas "maltratando" cbalos.

"Actividade violenta"

"É imposible negar que existe sufrimento e a creación de altos niveis de tensións nos cabalos, que configuran unha actividade violenta", apuntan no escrito dirixido ao Valedor.

Tanto Libera como a Fondation Franz Weber coinciden no escrito en sinalar que "a aprendizaxe cara ao respecto e benestar animal non pasa por realizar demostracións de forza nin de superioridade de especie, senón en considerar que son seres que sofren e senten, e que, por tanto, a Rapa das Bestas e a presenza de menores son problemas no avance cara a unha maior consideración dos seres vivos, tanto moral como lexislativa". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

10 Senhoritos pra Sibéria

A violência faz parte da vida de qualquer animal, selvagem ou não. Faz parte da vida e não tem nada de particular. Na rapa das bestas não existe qualquer forma de "maltrato", como não for acidental e aos cavalos faz-lhes mais bem do que mal pois a rapa serve precisamente para mirar pela saúde dos animais e paliar a propagação de infecções. Já sei que os cavalos não o pediram mas também não pediram aos "pijainas" paternalistas que os venham defender. Sem curros não haveria cavalos selvagens na Galiza. Pronto.

1 Senhoritos pra Sibéria

Em resumo, a rapa representa a simbiose entre o homem e o cavalo e deveria ser posta como exemplo de que tal simbiose é possível.

2 Un "señorito"

Pailán do carallo, ¿a quen lle chamas ti pijo? , eu, que por certo non son de Libera, e seguramente levo pateado máis monte do que poderás patear ti en toda a túa vida, estou canso de ver cabalos, deses que ti dis “salvaxes” , con pexas nuha pata, con pexas en dúas patas, con cordas, en peches gandeiros subvencionados… Carne de matadeiro a precio de saldo. E non contentos, aínda vos permitides humillalos como o que sodes, maltratadores de animais. A ver se pensas que por falar galego “raro” non segues sendo o que eres, un pailán.

3 Senhoritos ao Gulag

Pois é, sou um "pailán" e dai que? Melhor "pailán" do que "dominguero". Melhor "pailán" do que "pijo-progre" paternalista. A "sensibleria" é a sensibilidade dos insensíveis. Ou dos que como tu acham que um animal vivo é como um cachorro de peluche que precisa a sua "protecção" tipo "Tristón necesita un amiguito". E depois ainda misturas as pejas com a rapa das bestas para dar mais pena. Se vês cavalos com pejas pelo monte, faz algo, com vires chorar aqui e insultar a gente não amanhas nada.

9 Tonecho

Alégrome de que por fin alguén ataque algo relacionado cos animais que nos incumbe a nós para ver se, por fin, deixamos de facerlle o xogo aos animalistas e a toda esta peña de pijos que nos están continuamente recordando o guais que son, non como outros, que somos uns trogloditas que non merecemos nin o tofu que comemos (ah, que non comemos tofu: que vulgares!). Resumindo: IDE Á MERDA.

1 Piorno

Trogloditas non sei se sodes, agora, maltratadores de animais, seguro.

8 galegoexiliado

Fai xa moitos anos que a rapa deixou de ser una faena gandeira pa convertirse, en aras do deus Turismo, en unha salvaxada na maioría de curros. O de Sabucedo é un circo de xulgado de garda, nada que ver con unha rapa, saltar enriba do cabalo, torcerlle o pescozo entre varios mozos, tiralo ó chan e magullalo e aplastalo mentres ó rapan, fiando a ver quén é mais bruto. En outros vese a baixada e rapa de cabalos con cepos en unha ou duas patas, palizas, patadas e maltrato son cousa habitual. Unha salvaxada pa que os finolis da cidade se empapen de enxebrismo rural un día ó ano. Por sorte ainda quedan rapas decentes.

1 sabucedo

A técnica de aloite da Rapa de Sabucedo mantivose sempre igual dende hai centos de anos 3 aloitadores contra un animal, polo que é verdade que hai mais visitantes e mais festa pero no esencial non variou. Unha vez suxeito o animal o rapado tamén mantén a súa función cortar as crins dos cabalos onde aniñan os parásitos e tamén antes vender os cabelos e agora aproveitase para desparasitar ao animal cun tratamento veterinario. Por certo que todo o que se recada coa festa é precisamente para manter aos animais en estado salvaxe durante todo o ano para o que fan falta seguros, peche para que non baixen as estradas ou fincas, etc... por iso é polo que Galiza é dos poucos lugares do mundo no que inda quedan cabalos en estado salvaxe dos que xa existían fai miles de anos (para mais información os estudos do zoólogo Felipe Barcena sobre o garrano - equus ferus atlanticus-)

7 Hai amores que matan

As unicas razons que permiten que esta cruel practica cos cabalos sobreviva e que uns poucos fan negocio e outros distrutan coa tortura mentras beben viño. Vamos, igualiño que no circo romano. En canto ao figura que di que se estes cabalos son salvaxes, dicirlle que un animal salvaxe, como un xabarin ou un coello, forma parte da cadea trofica da natureza, e dicir, pode ser comido por un lobo, un raposo... Pola contra, cada vez que un lobo ataca (ou din que ataca de forma fraudulenta) a un poldro, rapido sale o dono pedindo cartos a Xunta e, en moitas ocasions, que maten aos lobos. Proba de que estes cabalos non son salvaxes senon animais con dono que estan soltos no monte ou nun peche. Non confundamos.

1 Zolibus

Figurilla, é bastante insultante pola tua parte dicir que a xente que vai á rapa vai a beber viño e a desfrutar da tortura. Pero é o que se pode esperar de alguén que nin sequera argumenta ese maltrato. E sinto dicirche que esta tradición mantívose sen ese negocio e sen subvencións da xunta ao longo dos anos, porque hai 40 anos nin negocio nin xunta había. Veña, vai beber un viño e descansa a cabeza, que se confundes o que é un animal salvaxe e un doméstico estás ti bo...

2 Un máis

A cultura din que é coma a confitura, "canto menos se tén máis se extende". Xente coma vós que vades de defensores dos animais non tendes nin a máis mínima idea do que é a rapa de Sabucedo: 1 - Tradición pura pola defensa dos animais en liberdade. 2 - Limpeza e coidado de animais salvaxes. Evidentemente para poder facer esto non queda mais co... que tumbalos entre tres homes, por iso, porque son cabalos salvaxes. Ou viches ti que un só home fora quen de tumbar a un cabalo??? 3 - Hai xa un tempo que se deixou de cortarlles as puntas das orellas ó cabalos para distinguir os da "manada do Santo" precisamente por esto, por respeto e por defensa do animal. Os que máis falan coma ti e os teus de "Libera" sempre son os que máis deberan calar. Deixádevos de tanta parida, saíde dos vosos "dúplex con vistas a" pateade monte para saber o que vos rodea. Mamalón !!

6 animais salvaxes

E digo eu.... ¿podemos denunciar a un garañón por zoscarlle ao outro? ANIMAIS SALVAXES loitan pola súa supervicencia.... Non vos enterades do que iso é. Se non fose pola man do home todos serían salvaxes... ¿Qué é o que estades a defender?