Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2025 | Actualizada ás 21:20
Unha persoa faleceu este luns tras caer nunha zona rochosa no porto da localidade pontevedresa da Guarda. A policía está a investigar as circunstancias do incidente. Segundo informa o 112 Galicia, foi alertado polo Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061 poucos minutos despois das 19.15 horas, xa que recibiran un aviso da posible caída dunha persoa nunha zona rochosa ao final do do porto da Guarda.
Deste xeito, activouse un operativo desde o Centro de Atención Integrada de Urxencias no que, ademais dos servizos sanitarios, participou a Garda Civil e o Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) da Guarda.
Ao chegar ao lugar, os profesionais de Servizos Médicos de Emerxencia confirmaron o falecemento. Pola súa banda, o persoal do GES colabora na recuperación do corpo na zona de difícil acceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.