Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/07/2013 | Actualizada ás 11:44
"É un espectáculo violento e de risco para as propias persoas". Así considera a asociación Libera a Rapa das Bestas que etes días se celebran, entre outras localidades, na parroquia de Sabucedo.
Por iso, dirixiuse ao Valedor do Pobo para preguntar pola participación de menores neste tipo de celebracións e denuncia que se cobra por ver a nenos e nenas "maltratando" cbalos.
"Actividade violenta"
"É imposible negar que existe sufrimento e a creación de altos niveis de tensións nos cabalos, que configuran unha actividade violenta", apuntan no escrito dirixido ao Valedor.
Tanto Libera como a Fondation Franz Weber coinciden no escrito en sinalar que "a aprendizaxe cara ao respecto e benestar animal non pasa por realizar demostracións de forza nin de superioridade de especie, senón en considerar que son seres que sofren e senten, e que, por tanto, a Rapa das Bestas e a presenza de menores son problemas no avance cara a unha maior consideración dos seres vivos, tanto moral como lexislativa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.