Este martes decidirase a data de apertura de Meirás ao público

A comisión técnica do Pazo de Meirás só ten prevista a apertura aos exteriores ata que os traballos de seguridade no interior permitan as visitas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/01/2021 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, presidirá este martes, por videoconferencia, unha nova reunión da comisión técnica do Pazo de Meirás, na que participan tamén as administracións implicadas no futuro do inmoble: Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e os concellos de Sada e A Coruña.

Durante o encontro, segundo informa a Delegación do Goberno, analizarase a data da reapertura das visitas do Pazo de Meirás. "Nun primeiro momento, está previsto que sexa só para os exteriores do inmoble, á espera de que os traballos de seguridade e acondicionamento no interior do pazo, permitan a reapertura do edificio ao público.

"Tamén se abordará a creación dunha comisión de expertos que se encarguen de reflexionar sobre o relato e os futuros usos do Pazo de Meirás e a realización dunha exposición que reflicta toda a historia deste emblemático edificio, desde que en 1893 encargara a súa construción a escritora Emilia Pardo Bazán", engade.

Esta é a segunda vez que se reúne a comisión técnica do Pazo de Meirás. A primeira reunión celebrouse para a súa constitución, o pasado 15 de decembro, unha vez que o Pazo de Meirás pasou a ser de titularidade pública en execución provisional..

Reunión sobre o Pazo de Meirás presidida pola vicepresidenta primeira do Goberno Carmen Calvo. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Reunión sobre o Pazo de Meirás presidida pola vicepresidenta primeira do Goberno Carmen Calvo. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta