Por Claudia Varela Lourido | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2025 | Actualizada ás 20:30
A ditadura franquista rapinou, a modo de “obsequios”, numerosos elementos do patrimonio material galego. O franquismo, personificado de xeito habitual en Carmen Polo, interesouse por unha serie de bens de gran valor simbólico, histórico e arquitectónico. Estes elementos eran subtraídos e transportados a outros lugares, habitualmente ás diversas residencias dos Franco, como é o caso do Pazo de Meirás. “Ante a petición de Carmen Polo, non existía outra posibilidade que non fora a entrega destes elementos públicos”, afirma o historiador Manuel Pérez Lorenzo, presente no proceso de recuperación do Pazo de Meirás.
Recentemente vimos de coñecer a sentenza do Tribunal Supremo na que se ratifica xudicialmente a forma de proceder dos Franco durante a ditadura. As estatuas dos profetas Abraham e Isaac, mercadas polo Concello de Santiago en xuño de 1948 ao conde de Ximonde, chegaron ás mans de Franco, unha vez máis, debido aos intereses particulares de Carmen Polo. A prensa da oposición antifranquista da época daba conta do “roubo ao patrimonio cultural do pobo galego:
Prosigamos con las andanzas de doña Carmen. Y trasladémonos a Galicia, donde se encuentra, como es sabido, el Pazo de Meirás, residencia veraniega del dictador Franco. Pues bien, los gallegos saben, y no se recatan en decirlo, que dicho Pazo, es más que casa solariega, depósito de objetos artísticos de inestimable valor, acumulados por el dictador y su esposa en previsión del porvenir, y que van saliendo hacia el extranjero con regularidad. Ahora bien, para conseguir dichos objetos de arte, como decíamos antes, no se detiene doña Carmen ante nada. Así, por ejemplo, ha obligado tras múltiples presiones a un ayuntamiento gallego, a venderle por la irrisoria cantidad de dos pesetas, dos figuras escultóricas del maestro Mateo, cuyo valor artístico es inapreciable. Este robo manifiesto al patrimonio cultural del pueblo gallego levantó en su momento profunda indignación, como siguen levantándola las continuas incursiones de rapiña que doña Carmen, como auténtica señora feudal de horca y cuchillo, realiza cada vez que viene a pasar unas semanas a tierras de Galicia.
Cómpre destacar que, no contrato da venda, o Conde condicionaba a venda “a que las estatuas que son objeto de la misma permanezcan indefinidamente en el patrimonio del Excmo. Ayuntamiento de Santiago de Compostela, de manera que si por cualquier circunstancia dichas estatuas salieran del patrimonio municipal […] la Corporación Municipal deberá indemnizar la cantidad de cuatrocientas mil pesetas”. Apuntan Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi no libro Meirás. Un pazo. Un caudillo. Un espolio que esta cesión non está constatada, pero no ano 1961, ambas pezas xa formaban parte da colección particular do ditador en Meirás.
MEDIO SÉCULO AGARDANDO POLA DEVOLUCIÓN
Afirma Manuel Pérez Lorenzo que non é extraño que isto ocorrese na ditadura, senón que é sorprendente “que teña que pasar case medio século de democracia para que estas estatuas sexan restituídas ao patrimonio público”. Carlos Babío contextualiza esta situación: “Desde o Concello de Santiago, no seu día, formulouse unha demanda reclamando a titularidade pública destas estatuas. En primeira instancia houbo unha sentenza que recorreron os Franco na Audiencia Provincial. Esta deulles a razón, xa que non se podía demostrar que as estatuas que estaban en Meirás foran as mesmas que as que estaban na catedral. Houbo posteriormente un recurso do Concello de Santiago ante o Tribunal Supremo, que acreditou recentemente que as estatuas, efectivamente, se corresponden coas da catedral”.
O fallo de dita sentenzas conclúe instando a “declarar que las dos esculturas románicas atribuidas al maestro Mateo, objeto de la escritura de compraventa otorgada el 4 de junio de 1948 ante el notario de Santiago de Compostela D. Gonzalo Rey Feijoó, pertenecen al Ayuntamiento de Santiago de Compostela”.
Estas dúas estatuas son dous bens moi sinalados porque formaron parte da Catedral de Santiago e, polo tanto, teñen unha relación simbólica coa cidade. É por iso que, segundo Pérez Lorenzo, “é moi surrealista que anteriormente se puxeran dúbidas acerca da procedencia das pezas”. Non obstante, hoxe os apóstolos Abraham e Isaac poden volver ao seu lugar de orixe. Estas estatuas, contrariamente a outros moitos bens que aínda se atopan nas mans da familia Franco, constitúen un paso acertado na recuperación paulatina dunha parte moi importante do noso patrimonio material.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.