Viralízase unha mensaxe do Sergas chamando a facer unha PCR no ano 1899

"Será hora de activar a máquina do tempo", escribiu o destinatario da mensaxe.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O sistema de alertas do Sergas para chamar á realización das PCRs volve estar no centro das olladas. Despois de que diversas voces críticas cargaran contra un funcionamento "deficiente", vén de saír á ñuz unha mensaxe de texto que, por sorprendente que pareza, citou a un galego a facer a PCR no ano 1899. O suceso, que vai camiño de facerse viral en Twitter, foi recibido con humor por parte do destinatario da mensaxe.

SMS do Sergas chamando a facer unha PCR en 1899
SMS do Sergas chamando a facer unha PCR en 1899 | Fonte: Twitter - @anxodobosque

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta