Galicia empregou o 86% das vacinas recibidas contra a COVID

Os datos foron facilitados este mércores polo Ministerio de Sanidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Galicia forneceu un total de 59.104 das 68.605 doses da vacina contra a covid-19 recibidas, o que supón un 86,2 por cento, segundo os datos facilitados este mércores polo Ministerio de Sanidade. Deste xeito, a galega é a cuarta comunidade que máis vacinas dispensou, por detrás de Cantabria (92,2%), Canarias (91,8%) e Valencia (89%).

No conxunto de España administráronse ata este mércores 1.025.937 doses de Pfizer e Moderna, o 76,2 por cento das distribuídas entre as comunidades autónomas, que ascende a 1.346.100 unidades.

O Ministerio de Sanidade facilitou esta información no informe de actividade do proceso de vacinación fronte á Covid-19 en base a datos recolleitos entre o 27 de decembro, día no que comezaron as vacinacións, e este mércores 20 de xaneiro.

Os datos do departamento dirixido por Salvador Illa indican recibíronse 1.310.400 doses de vacinas de Pfizer, con 1.012.220 doses administradas, e 35.700 correspondentes a Moderna, con 13.717 xa inoculadas. Ademais, 15.642 persoas xa recibiron as dúas doses da vacina de Pfizer.

Evolución das vacinas contra a covid-19 administradas e recibidas en Galicia
Evolución das vacinas contra a covid-19 administradas e recibidas en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta