Un incendio nunha casa en Bande deixa un nonaxenario ferido de gravidade

Unha vez no lugar, os equipos de intervención comprobaron que as lapas xa estaban extinguidas e comunicaron que o incidente puido producirse por culpa dun calefactor.

Por E.P. | OURENSE | 22/01/2021 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

Un home dun noventa anos de idade tivo que ser trasladado ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios tras sufrir queimaduras por case todo o corpo por mor dun incendio rexistrado na súa vivenda.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 16,30 horas un particular solicitou axudar médica urxente para un home que sufrira diversas queimaduras nun incendio rexistrado na súa casa da rúa San Roque, en Bande.

Tras recibir o aviso, desde o 112 alertouse aos membros do GES de Muíños, aos axentes da Garda Civil e ao equipo de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención comprobaron que as lapas xa estaban extinguidas e comunicaron que o incidente puido producirse por culpa dun calefactor.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta