Rescatan en Sada unha persoa que resultou ferida ao envorcar o tractor

Por E.P. | A CORUÑA | 23/01/2021 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Os bombeiros rescataron unha persoa que resultou ferida ao envorcar o tractor que manexaba na tarde deste sábado no municipio coruñés de Sada.

Segundo informa o 112 Galicia, o incidente ocorreu no lugar da Fraga, na parroquia de Veigue, ao redor das 16,30 horas. Nese momento, a Policía Local contactaba coa central de emerxencias para informar da situación e solicitar a invervención dun equipo de excarceración.

Así, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, da Garda Civil, de Protección Civil de Sada e dos bombeiros de Betanzos, que empregaron material de excarceración para liberar á persoa. Unha vez rescatada, a vítima puido ser atendida polo persoal sanitario desprazado ata o lugar.

Tractor  EP
Tractor EP | Fonte: REMITIDO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta