Temas: MúSICA

Festival reggae á beira do Miño

Dous días de festival, acampada libre, actividades deportivas e culturais, para todas as idades, e por suposto, moito reggae. Isto é o que se poderá desfrutar os próximos 6 e 7 de setembro no Espazo de Fortaleza, en Goián Tomiño.

Por GC Tendencias | Tomiño | 16/07/2013 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

As bandas que encabezan o cartel son nomes moi coñecidos no mundo da música jamaicana. Entre eles, os británicos Alpheus, os madrileños Tasty Grooves, os franceses Alygator del Sutta  ou os noregueses Chakras.

Festival Minho Reggae 2012
Festival Minho Reggae 2012 | Fonte: Fernando F Hevia

O coruñés Dandy Fever e os vigueses Chek Selectah and Gebeat son polo de agora a presenza galega nun cartel aínda por completar.

A organización da Asociación Cultural Minho Reague promete ademais que haberá outras actividades, como workshops, mercadillo e deportes de natureza. Minho Reggae é un colectivo socio cultural que apoia e fomenta a música, a arte e un estilo de vida consciente e respetuoso co entorno a través de actividades.

Esta é a terceira edición do festival. Velaquí un resumo do evento en 2012:

Festival Minho Reggae
Festival Minho Reggae | Fonte: Fernando F. Hevia

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta